Cinco 'tips' para investir no sector da biotecnoloxÃa
Daniel Oliver,CEO de Capital Cell, asegura que “chégannos proxectos que investigan a telepatía, unha cura para o cancro, alzhéimer, esclerose múltiple... Dentro de 30 anos, miraremos atrás e pensaremos que había que entrar en calquera empresa que estivese a facer algo de biotech”.
É un dos sectores máis rendibles desde hai anos -xera rendibilidades moi superiores ás do sector inmobiliario ou ao investimento en bolsa- , pero ás veces provoca aprensión debido principalmente ao descoñecemento e á dificultade de análise destas oportunidades. Como calquera investimento en empresas coleva riscos pero para poder facelo e ter rendibilidades elevadas é recomendable seguir as seguintes pautas:
 11.39.04.png)
1. Diversificar: A clave está en repartir o diñeiro entre, polo menos, 5 empresas de diferentes sectores e con diferentes perfís de risco para ter máis probabilidades de conseguir beneficios.
2. Reducir o risco con roldas de financiamento lideradas por un business angel ou fondo de capital risco que analizasen a empresa a fondo.
3. Ao ser un investimento de risco é fundamental ter en conta que non hai que investir o que se necesite para vivir.
4. Analizar empresas deste sector é moi complicado. Por iso hai que aproveitar as redes de expertos que analizan as oportunidades e ofrecen esta información a todos os investidores. Un exemplo diso é a BioExpert Network.
5. Non deixar o diñeiro parado nunha conta bancaria, senón movelo xa que se non se fai pódese perder entre 2% e un 4% anual.
Comentarios (0)