Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cada adulto gasta en España 1.065 euros ao ano en cervexa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE AGOSTO DE 2018 · (0)



Durante o ano pasado se beberon máis de 3.570 millóns de litros desta bebida neste país e o consumo medio supón is do 10% do salario mínimo interprofesional mensual.


A cervexa é unha das bebidas máis consumidas en España. Segundo a entidade Cerveceiros de España, durante 2017 consumíronse máis de 3.570 millóns de litros de cervexa polo que, se dividimos esa cantidade entre as persoas con idade para beber alcohol, cada adulto consume algo máis de 92 litros de cervexa ao ano, ou dito doutro modo, preto dos oito litros ao mes.

Para saber canto supón o gasto en cervexa na economía familiar, o portal Cuponation.es tomou como referencia o prezo das pintas ofrecido polo informe de prezos do Deutsche Bank, que establece que o custo medio de medio litro en Madrid costa 5,7 euros. Se se ten en conta o consumo mensual e anual, os adultos gastan preto de 89 euros ao mes eis de 1.065 euros ao ano en cervexa, o que supón un 12,07% dos 735,9 euros do salario mínimo interprofesional de cada mes e un 10,34% se falamos dos 10.302,6 euros anuais que cobran como mínimo os profesionais.

Sen embargo, España non é un dos países nos que se faga máis gasto nesta bebida. En Río de Janeiro gástanse un 13% do soldo mínimo, en México un 27% e en Moscú o gasto en cervexa supón o 32% dese salario. Tampouco estamos á cabeza no consumo de cervexa, xa que os habitantes da República Checa consumen de media 12 litros desta bebida ao mes, e austríacos, alemáns, polacos, irlandeses e lituanos consumen entre oito e nove litros mensuais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)