Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Reclamación colectiva galega polos prexuízos da folga de Ryanair



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE AGOSTO DE 2018 · (0)



A plataforma En-Colectivo, impulsada pola compañía galega QualityNova Consultores, pretende obter o resarcimento polos retrasos e cancelacións de voos que se produciron o 25 e o 26 de xullo nos aeroportos españois por esta protesta dos tripulantes de cabina.


Segundo explicaron na presentación desta iniciativa os representantes de QualityNova e de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados, despacho asesor neste proceso, a folga da tripulación de cabina de Ryanair ocasionou prexuízos a máis de 100.000 viaxeiros en toda España coa cancelación de máis de 400 voos en dous días nos que o movemento de pasaxeiros nos aeroportos é máis intenso, ao coincidir co período vacacional.

Diego Maraña Goldar, portavoz da plataforma e director xeral de QualityNova Consultores; Vicente Conde, socio de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados, e Alberto García Ramos, socio director deste despacho en Galicia, sinalaron que a folga en Ryanair reavivou a polémica sobre os problemas do transporte aéreo, que ten unha incidencia importante nos destinos turísticos. Neste sentido, apuntaron que España foi o país máis afectado por esta circunstancia e que, por este motivo, En-Colectivo decidiu poñerse a disposición dos pasaxeiros afectados para presentar unha reclamación conxunta contra a compañía.

Maraña afirmou que “os cidadáns estamos nunha posición de inferioridade cando se reclama ante unha gran compañía”, e que por ese motivo “éis efectivo realizar unha reclamación conxunta que permita exercer unha defensa mellor coordinada e que permita ter unha maior capacidade de negociación”. “Dende a nosa plataforma consideramos que os reembolsos e indemnizacións que fixa a normativa europea son medidas insuficientes para corrixir a sistemática e masiva vulneración dos dereitos dos consumidores e que non resolven o abuso reiterado sobre os usuarios que teñen planificadas as súas viaxes persoais ou profesionaise aos que a cancelación dun voo lles pode provocar un dano irreparable”, engadiu.

Segundo manifestou, as consecuencias da folga para os usuarios poderían terse evitado se a compañía adoptase medidas con anterioridade para impedir que o paro tivera maior repercusión, e así mesmo puntualizou que a principal diferenza da actuación da súa plataforma con outros mecanismos existentes para iniciar reclamacións é que esixirá a Ryanair, mediante demandas conxuntas, os danos individuais ou materiais, danos morais e o lucro cesante dos viaxeiros que se sumen á plataforma de entre os máis de 100.000 viaxeiros dos voos que se viron afectados pola folga do persoal de cabina.

Demanda colectiva

Por parte de Cremades & Calvo-Sotelo, o seu responsable en Galicia detallou que as compañías adoitan indemnizar aos pasaxeiros polos danos materiais co reembolso do custo do billete e dos gastos xerados como consecuencia das cancelacións de voos, pero asegurou que dende a plataforma van reclamar ademais que “se repoñan os danos morais que estas situacións provocaron aos viaxeiros e o lucro cesante que poidan conlevar”. “Presentando unha reclamación conxunta somos máis fortes e temos máis posibilidades de ser escoitados, polo que animamos a todas as persoas afectadas a que se poñan en contacto con En-Colectivo. Cantos máis sexamos, máis alto soarán as nosas voces”, reivindicou.

Pola súa banda, Vicente Conde informou de que o título de reclamación que van presentar non poden limitalo ao Regulamento 261/2004, xa que regula dereitos mínimos en réxime de pura responsabilidade obxectiva, polo que van “profundizar na culpa contractual da compañía, habida conta que en relación cos precedentes de alteración da normalidade e do clima de folga dos empregados da compañía, que é perfectamente previsible por esta, debeu ter en conta o risco de incumprimento do seu compromiso contractual e atenerse ás consecuencias da súa materialización en dano, valéndonos para a defensa dos nosos posibles clientes, tanto da rica xurisprudencia do Tsjue respecto da aplicación do regulamento referido, como, sobre todo, da dos nosos tribunais en canto a culpa contractual”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)