Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os postos de traballo creados en xullo en Galicia medran un 8,5% respecto a 2017



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2018 · (0)



Así o indica a plataforma de emprego Infojobs, que cifra as vacantes do pasado mes nesta comunidade autónoma en 11.331 fronte as 10.447 do mesmo período do pasado ano. A nivel nacional, o portal acadou as 313.204 ofertas de traballo nese tempo.


Esta última cifra supón un incremento das vacantes nesta plataforma do 34,5% respecto ao mesmo período do ano anterior, con 80.284 vacantes más. A Comunidade de Madrid, con 93.550 vacantes; Cataluña, con máis de 83.000, e Andalucía, que roza as 26.000 ofertas de traballo publicadas, lideraron a creación de emprego en España durante o mes de xullo, concentrando as tres o 64,8% das vacantes ofertadas por este portal. Pola súa banda, Galicia ocupa a sétima posición desta clasificación.

O pasado mes de xullo, o sector de turismo e restauración duplicou o volume de vacantes con respecto a xullo de 2017, concentrando un total de 34.963 ofertas de traballo en InfoJobs. Trátase, despois de comercial e vendas (que en xullo sumaba 64.193 ofertas), do segundo sector que máis vacantes canalizou a través da plataforma. Outras actividades que tamén concentraron un amplo volume de vacantes durante o pasado mes son atención a clientes (34.663 ofertas), compras, loxística e almacén (28.005), e informática e telecomunicacións (27.916). Pola súa banda, o sector de administración de empresas foi o que máis medrou durante nese tempo, cun incremento do 122% respecto a xullo de 2017.

Entre os postos de traballo ofrecidos durante o mes de xullo, publicáronse neste portal un total de 60.029 ofertas que ofrecían contratación indefinida. Esta modalidade representou un 29,7% do total de ofertas de traballo que informan sobre o tipo de contrato. O volume de ofertas con contrato indefinido medra respecto ao mesmo período de 2017, cando se publicaron un total de 44.224 vacantes. Pola súa banda, os contratos de duración determinada representaron o 35,3% das ofertas (71.174 ofertas de traballo).

No que respecta ao tipo de xornada que se vai realizar, entre os postos ofrecidos en xullo destacou o peso da xornada a tempo completo, que representou o 59,7% do total de vacantes publicadas. O 19,2% das ofertas de emprego correspondía a postos de traballo a tempo parcial, mentres que o 3,8% ofrecía realizar xornada intensiva.

Perfil dos candidatos

Un total de 920.522 candidatos inscribíronse ás ofertas de traballo publicadas en InfoJobs durante o mes xullo. Do total de persoas inscritas, o 40% indicaba ter estudos universitarios, mentres que o 26,8% declaraba posr un ciclo formativo. En relación co seu nivel laboral, obsérvase que o 58,3% dos candidatos inscritos en xullo ocupaba ou traballaba en posicións de empregado, un total de 511.314 persoas, mentres que o 9,8% dos candidatos era especialista e o 8% ocupaba un cargo de mando intermedio.

No que respecta ás preferencias destes candidatos, cada usuario do portal pode seleccionar máis dunha preferencia en canto á modalidade contractual. En xullo, o 77,2% dos candidatos inclúe entre as súas a contratación indefinida, en contraposición ao 20,7% que manifesta preferir un contrato a tempo parcial.

Así mesmo, cando os candidatos teñen unha preferencia en canto á xornada laboral que queren realizar, a opción máis elixida é a xornada completa, polo 35,8% dos inscritos en xullo. O 12,2% dos candidatos escollerían unha jornada intensiva, na súa maioría intensiva de mañá (7,8%), mentres que o 9% restante preferiría traballar a tempo parcial, principalmente en horario de mañá (4,4%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)