Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O “Mercado de la Cosecha” multiplica a súa oferta divulgativa e de ocio para esta fin de semana



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2018 · (0)



O festival Noroeste Estrella Galicia despídese este sábado e domingo, de 12.00 a 22.00 horas, cunha oferta musical e de ocio para todos os públicos da man do “Mercado de la Cosecha”, unha iniciativa que se celebrará no Paseo das Pontes da CoruñaOs asistentes poderán participar en talleres de coctelaría con sidras Maeloc, de elaboración de pan con Pan da Moa, de queixo artesanal con Arqueixal ou de cociña con especias de Orballo. Ademais, se celebrarán múltiples catas e degustacións de produtos de galo e porco celta, de galletas mariñeiras de Daveiga, de iogures Kalekoi, xeados de Bico de Xeado, queixos de Cortes de Muar ou chourizos de cabaza de Calabizo.

Gran parte destas actividades están especialmente enfocadas a un público familiar, ademais do espazo de xogos tradicionais despregado por R, a academia de baile de Gadis, a gincana de cowboys de Casa Grande de Xanceda ou o taller de plantación dun horto de Ecocelta, podeatoparse tamén unha exposición de tractores, unha tenda para adquirir os diferentes produtos ou un food truck de Fogar do Santiso.

Todas estas actividades completan unha proposta divulgativa e lúdica que porá en valor as iniciativas que se están desenvolvendo no rural galego e a calidade dos produtos de proximidade con garantía de orixe. Todo iso a través dunha oferta de ocio familiar e sostible, en la co espírito que preside o “Mercado de la Cosecha”, unha iniciativa de compromiso social impulsada pola Corporación Hijos de Rivera, para fomentar o desenvolvemento socioeconómico de Galicia e a sostibilidade do medio rural.

Programa

Os produtores que estarán presentes esta fin de semana serán Pan da Moa, Maeloc, Ecocelta, Daveiga, Arqueixal, Cortes de Muar, Horta de Teodoro, Bico de Xeado, Casa Grande de Xanceda, Orballo, Ponte da Boga, Amorodo, Naiciña, Pazo de Vilane, Abella Lupa, Fogar do Santiso, Kalekoi, Calabizo, Galo Celta e Milhulloa, entre outros.

O sábado o “Mercado de la Cosecha” contará con tres directos musicais singulares en sesión de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, da man de artistas do talle de Vega, Budiño & Luiz Caracol e MäBU. O domingo chegará a quenda das actuacións de Morgan, Ángel Stanich, La Plata, Los Estanques, Aldaolado e Birds & Cables, mentres que as sesións aos pratos correrán a cargo de DJ Inclusivo, dentro dun proxecto que trata de promover e facilitar a participación das persoas con diversidade funcional na vida cultural.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)