Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A metade do gasto en alimentación é fóra do fogar



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE AGOSTO DE 2018 · (0)



O novo panel de consumo da consultora Kantar Worldpanel revela que as consumicións que se fan fóra de casa representan un 15% das 1.300 que realiza un individuo nun ano, pero adoitan supoñer un ticket máis alto.


Así o advirte Edurne Uranga, out of home sector director de Kantar Worldpanel, que comenta que este feito produce que, consumindo en menos ocasións, o gasto fóra de casa se iguale ao que facemos para o fogar, “o que demostra a gran magnitude deste mercado”. Neste sentido, fala do importante que é para marcas e distribuidores entender como é ese consumo, “que non segue os mesmos patróns que dentro do fogar”.

Os primeiros datos do panel de consumo fóra do hogar da consultora, que mide por primeira vez todo o consumo extradoméstico da poboación española, identifican as principais diferenzas entre o consumo dentro e fóra da casa nas principais comidas do día. Así, por exemplo, no almorzo o café é practicamente obrigado fóra de casa: está nun 87% desas ocasións de consumo, mentres que en casa só está nalgo máis da metade (56%). Ademais, fóra de casa éis habitual que o almorzo só inclúa bebida (53% das ocasións), mentres que a maioría dos almorzos caseiros van acompañados dalgún alimento (apenas un 20% inclúen só bebida). E mentres en casa predomina o produto doce como galletas ou bollería, o alimento máis habitual nos almorzos fóra de casa son as torradas. De entre os que almorzan fóra de casa, un 90% faino en cafetarías e panadarías, xeralmente en restauración independente, aínda que as gasolineiras, máquinas vending e a gran distribución tamén se conforman como alternativas para entre un 13% e un 17% da poboación.

Á hora do xantar, se ben a ensalada verde é o prato máis consumido tanto dentro como fóra de casa, os menús realizados fóra adoitan ser máis permisivos, sobre todo na fin de semana. Destacan postres e biscoitos, hamburguesas e pizza, mentres que dentro do fogar os outros pratos máis habituais son a ensalada de tomate, a peituga de polo ou as lentellas. Ao igual que no almorzo, os locais de restauración son o principal lugar para realizar xantares e ceas fóra de casa, xa que concentran sete de cada dez de esas ocasións de consumo. No 30% restante, os españois elixen o supermercado, as máquinas de vending e unha opción en auxe: o delivery e o takeaway, é dicir, a comida a domicilio ou para levar.

No consumo entre horas, as principais diferenzas atópanse tamén no tipo de produtos consumidos: en casa tómanse refrixerios baseados en alimentos, especialmente froita e bocadillos, acompañados de café. Polo contrario, as bebidas son as protagonistas do momento “tomar algo” ou “aperitivo” fóra de casa, onde destacan o café, a cervexa e os refrescos.

Edurne Uranga conclúe: “O mercado fóra do fogar permite contactar co consumidor en novos lugares de compra, achegando ocasións incrementais. Pero un consumo distinto precisa dunha mellor comprensión para capturar esas oportunidades”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)