Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O “blablablá” de BlaBlaCar



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



De que falan os usuarios desta rede social nas viaxes? Traballo, recomendacións, música e familia son os temas máis habituais. Os usuarios tamén téñense sorprendido con compañeiros de perfís diversos: astrofísicos da NASA, monxes budistas ou deportistas de elite; e rostros coñecidos como Jorge Sanz ou Samuel Levi.


Cando alguén comeza a viaxar en BlaBlaCar, unha das preguntas máis recorrentes de amigos e familia é: “E de que falas no coche?”. Pois ben, a maior parte das charlas durante os traxectos teñen ver co traballo. O 77 % dos integrantes da plataforma adica tempo a charlar sobre a vida laboral, o que en varias ocasións permitiulles atopar oportunidades profesionais.

“Lembro a unha especialista en medicina natural que entrou en contacto cunha tatuadora para que lle axudase a desenvolver unha liña de tatuaxes temporais e de henna”, explica Rubén, usuario madrileño.O aforro económico, a comodidade ou a responsabilidade medioambiental son algunhas das razóns que potenciaron o uso de BlaBlaCar ata acadar os cinco millóns de usuarios en España. Pero as conexións sociais e humanas son outro dos motivos máis claros para optar por esta alternativa: experiencias, amizades, segredos...

Consciente de que o coche compartido é un escenario ideal de intercambio e relación, a rede social preguntou a 1.300 usuarios de toda España polas súas vivencias dentro da plataforma. Un dos máis frecuentes ten que ver coa propia actividade: as viaxes. Case oito de cada dez persoas (un 76 %) charlan sobre recomendacións e vivencias nos seus puntos de orixe e destino, así como das motivacións para realizar estes traxectos. “Case sempre coincido con persoas que percorren media España para ver á súa respectiva parella”, destaca un pasaxeiro usual. “É moi habitual atopar a persoas de todos os currunchos percorrendo Europa”, apunta Nacho Vicente, un compañeiro da Rioxa.

Pero, que outros temas poden tratarse?

Aínda que as posibilidades son infinitas, compartir contidos musicais (45%), charlar sobre relacións familiares e personais (43 %) ou conversar sobre gustos gastronómicos (40%) tamén é habitual para moitos dos usuarios que, en ocasións, recoñecen non rematar unha viaxe pensando da mesma maneira que cando o iniciaron (un feito que lle ocorreu ao 42 % dos consultados). “Encántame coñecer a xente doutros países que sempre achegan puntos de vista diferentes. Aínda que, en xeral, sempre coñezo a xente que ampliou a miña visión do mundo”, conta Olga Valero, habitual da plataforma. O ámbito laboral (51 %), a inmigración (19 %) ou asuntos políticos (18 %) y económicos (17 %) son grandes ámbitos onde os viaxeiros recoñecen ter cambiado de opinión.

Coñecer a xente incrible

Sen embargo,o que máis destacan os usuarios é o compoñente humano, xa que, como conta Lola Granados, que adoita partir dende Andalucía, “viaxar así serviume, sobre todo, para coñecer a moita xente boa e interesante”, polo que afirma que “nestas viaxes se coñece o mellor do xénero humano”. De feito, practicamente seis de cada dez usuarios (56 %) aseguran ter coñecido a “xente incrible” nalgún dos ses traxectos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)