Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aberto o prazo para participar nos encontros empresariais de Conxemar 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Ao ser unha misión comercial inversa, a participación das pemes galegas non ten custo para elas. Conxemar 2018 será os días 2, 3 e 4 de outubro en IFEVI. Á cita acudirán máis dunha ducia de importadores de peixe e maquinaria de EEUU, México, Canadá, Perú, Porto Rico e Brasil.


As pemes interesadas en acudir a estes encontros teñen de prazo ata o 18 de setembro para formalizar a súa participación a través da web www.camarapvv.es ou de maneira presencial en calquera das tres oficinas que o ente cameral ten en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A partir desa data será cando poida confirmarse o número total de reunións, aínda que os técnicos da Cámara, pola experiencia doutras edicións, estiman que poderían superar as 450.   Os encontros empresariais -organizados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e Zona Franca de Vigo- terán lugar na caseta “ Business  Meeting” do hall de entrada do Instituto Feiral de Vigo. Esta misión comercial inversa enmárcase, xunto con  Navalia 2018, no acordo de colaboración asinado o pasado mes de maio entre a Cámara de Comercio e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Ambas as accións están incluídas no programa Plan Internacional de Promoción para o período 2014-2020, e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) e o Consorcio da Zona Franca de Vigo cun orzamento total de 86.000 euros; 64.000 achegados polo Programa  PIP e 22.000 euros que suma o Consorcio da Zona Franca.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)