Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Reordenar os polígonos de Vigo e abrir novos espazos para a industria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Zona Franca e o Círculo de Empresarios traballarán nun documento que defina con concisión as necesidades para desenvolver a economía desta área a curto e medio prazo. Dende reordenar e ampliar os chans industriais ata novas actuacións para o asentamento de empresas.


Son os temas que se puxeron sobre a mesa onte á mañá durante a reunión mantida entre David Regades –novo Delegado da Zona Franca dende xullo e secretario xeral provincial do PSOE- e o pleno da xunta directiva da asociación empresarial. Como exemplo desas necesidades de mellora de áreas con déficit de servizos e excluídas da trama urbana están os polígonos de Sárdoma e O Caramuxo, sobre os hai que pensar como “coselos á cidade, integralos paisaxísticamente e mellorar as infraestruturas para que lles permitan ser máis competitivos e cómodos”, dixo Regades, coa oportunidade de redeseño que se abre co novo Plan Xeral.

Regades quixo xa durante esta primeira reunión cos representantes empresariais encabezados pola presidenta, Patricia García, concretar temas de importancia para que “Zona Franca deixe de ser un observador da economía e pase a ser actor principal”. Ante a necesidade que teñen os empresarios de chan está a estudarse a posibilidade de reordenación de parte do chan industrial xa establecido “ampliando os polígonos existentes” dixo Regades. Sobre a Cidade do transporte, o Delegado expuxo aos empresarios que é consciente da importancia desa actuación e de que, xa que en Vigo non se dá o chan necesario para a súa implantación, a nova central debe situarse nas proximidades  “e, desde logo –avanzou- no núcleo onde se dea o maior cruzamento de vías de comunicación do Gran Vigo”.

Ante a petición exposta polo presidente de Rodman, Manuel Rodríguez, de designar un interlocutor entre o Consorcio e o Círculo para ocuparse de que esta colaboración non quede en intencións, Regades comprometeuse a ser el mesmo quen leve o peso do traballo de definir accións concretas.

Prioridades

Zona Franca informou de que priorizará o traballo en catro sectores: automoción, naval, pesca e téxtil. Para a automoción, esta semana vaise asinar a compra de 3.000 metros cadrados na avenida de Balaídos que posibilitarán a unión das dúas parcelas propiedade do Consorcio onde se vai a levantar o edificio  que traerá á cidade a  Business Factory Auto e onde se establecerán outras dotacións. Para o sector naval e a pesca,  Regades insistiu na idea dun centro gastronómico e para o téxtil mostrouse partidario de traballar para potenciar este sector que “debe recuperar o seu peso”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)