Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O consumo privado reséntese, baixa o turismo e medra o déficit comercial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Perda de poder adquisitivo das familias, estancamento do crecemento da poboación, freada do turismo que crece por debaixo do PIB…  O último Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas tamén apunta a que o crecemento do noso principal mercado, a zona Euro, e o parón no comercio global polas políticas proteccionistas, fan que as nosas exportacións diminúan.


 “O dato de crecemento do 0,6% no segundo trimestre foi unha sorpresa negativa: O propio Banco de España prognosticara un 0,7, BBVA  research un 0,8 e nós esperabamos tamén a repetición do 0,7%”, aseguran os economistas españois. “En canto ao emprego, mantemos as nosas previsións en torno ao 15% xa que, malia o incremento do número de contratos de traballo nos meses estivais, son na maioría temporais”.

Unha das claves da retardación do crecemento é a perda de dinamismo do consumo privado. O descenso da taxa de aforro dos fogares representa a taxa máis baixa desde 2008: foi negativa nos últimos trimestres e non se espera a curto prazo un cambio de tendencia. A evolución do prezo do petróleo e a contorna mundial de posibles restricións arancelarias son causas determinantes do lixeiro incremento da inflación. “Non obstante o consumo máis moderado e a taxa dos prezos de consumo subxacente permítennos estimar que a inflación a final de ano non supere o 2%”. Tamén as exportacións que sofren certa retardación no primeiro semestre polo baixo crecemento do noso principal mercado, a zona Euro (0,4%). Ademais, a escalada das políticas proteccionistas está a reducir o comercio mundial. A crise de Turquía e a caída da súa moeda, e o risco de contaxio a outras economías emerxentes, xa se está vendo en Arxentina, non auguran bos presaxios.

Os visitantes

O agregado importante nos últimos anos para o crecemento do consumo xa crece por baixo do PIB. “Esta freada en absoluto é compensable polo bo ton do sector inmobiliario e o repunte da construcción”.

O investimento en bens de equipo podería reducirse no trimestre en curso. Todo depende do grao de optimismo dos empresarios, que se empeza a resentir. Por iso, seguimos apostando por unha caída do consumo, que podería pechar o ano no 1,6% e por rebaixar as nosas previsións de crecemento para 2018 ao 2,5%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)