Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Manuel Baltar recibe ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O presidente da Deputación de Ourense reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co novo delegado, o socialista Losada, con quen falou do AVE e a mellora de estradas, de asuntos medioambientais relativos aos incendios forestais, e sobre problemas demográficos.


No relativo ao AVE Losada afirmou que “o compromiso do Goberno de España con Galicia de que en 2019 Ourense estea a dúas horas de Madrid”, e remarcou que mellorarase a rede viaria, "como tamén o está a facer a Deputación nas estradas que lle corresponden”.

Losada, que asinou no Libro de Honra da Deputación, agradeceu a hospitalidade do presidente Baltar, “o que nos permite manter esa relación achegada aos cidadáns e as administracións”. O presidente do goberno provincial agradeceu a Javier Losada “este xesto institucional de achegamento á realidade da provincia, inaugurando unha etapa de máxima cooperación, que suma e multiplica, conciliando os intereses xerais de España, que son os de Galicia e Ourense”.

Baltar e Losada tamén falaron das axudas aos concellos afectados polos incendios forestais do ano pasado, e de seguir avanzando para que o financiamento teña en conta políticas de envellecemento e de dispersión xeográfica.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)