Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galegos e innovadores



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O Ministerio de Economía e Competitividade outorga o selo de peme innovadora á empresa galega Xoia Software Development, compañía lidera a innovación no proxecto europeo Creative Loci Iacobi, coordinado por Turismo de Galicia e outros socios de distintos países.


A empresa galega, con sede na Coruña, recibe este selo como un recoñecemento público a ao seu cumprimento cunha serie de requisitos en canto a xeración de ideas que se transforman en valor empresarial e ideas que son un elemento diferenciador respecto a outras empresas. Este recoñecemento representa unha afirmación das políticas establecidas como apoio ás empresas que invisten en I+D+i e un aliñamiento coa estratexia europea que pretende establecer vehículos que posibiliten o crecemento e a sostibilidade das pequenas e medianas empresas que apostan pola innovación.

“Recibir este selo supón para a empresa o recoñecemento oficial a un labor de innovación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da aplicación da realidade aumentada e virtual, ademais dun incentivo engadido para seguir contribuíndo ao desenvolvemento tecnolóxico de Galicia”, afirma Xoel Vázquez á esquerda da imaxe, director xeral de Xoia.

O proxecto europeo Creative Loci Iacobi, que lidera Xoia, porá en valor o patrimonio Unesco do Camiño de Santiago. Esta posta en valor realizarase a través da creación dunha aplicación para smartphones que se constituirá nunha evolución en realidade aumentada das audioguías. Con ela, en lugar de tan só escoitar, poderase visualizar contido 3D realista na contorna onde nos atopemos.

En tres dimensións

Así mesmo se editará unha revista de divulgación do variado patrimonio do Camiño de Santiago na que se poderán observar, en tres dimensións, monumentos hiperrealistas xerados con fotogrametría. “Imaxina ver a través do teu teléfono unha versión practicamente real, en miniatura, da Catedral de Santiago, colocada enriba da páxina dun libro”, sinala un dos desenvolvedores do proxecto.

Creative Loci Iacobio suporá substituir as tradicionais audioguías por experiencias máis inmersivas, onde se poderán contemplar recreacións históricas ou personaxes animados, ademais de asentar o uso da realidade aumentada en revistas de divulgación. O proxecto está financiado polo Programa Cosme 2014-2020 para o fomento do Camiño de Santiago de Compostela a través da realidade aumentada, e nel participan Xoia Software Development, Turismo de Galicia, a Federación Europea dos Camiños de Santiago, o municipio de Vila Pouca de Aguiar, a Federación de Turismo da provincia de Namur, Svento Jokubo Kelio Savivaldybiu Asociacija, Województwo Kujawsko-Pomorskie e Malvado Sound Lab.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)