Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

De costa a costa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O cociñeiro galego Kike Piñeiro, da Horta do Obradoiro, está estes días na Seafood Expo Asia que hoxe conclúe no Hong Kong Convention-Exhibition Center. Ata alí desprazouse da man da Consellería  do Mar, que ten presenza con seis empresas galegas nesta importante cita, considerada a homóloga da Seafood de Bruxelas no mercado asiático.


Na pasada edición da feira participaron 240 empresas de 30 países e cabe destacar que Hong Kong (con máis de 7 millóns de habitantes) importa o 90% dos peixes e mariscos que consome, de aí a importancia de estar presente. A Consellería do Mar, por segunda vez, participa cunha caseta de 126 metros cadrados onde afondar na Galicia marítima a través da realidade virtual para coñecer bateas, traballos de marisqueo, extración de navallas e percebes e a pesca do cerco.

Neste stand están seis empresas galegas que comparten espazo: Galician Marine Aquaculture, Peixes Rubén, Conxelados  Noribérica, Peixemar, Copemar e Anfaco- Cecopesca, que ofreceron degustacións de abalón fresco, de mexillón, cogombro de mar e de conservas.

Kike Piñeiro (á dereita da imaxe) traballou nas catas e degustacións e, xunto a Emma Pinal, foron os encargados de ofrecelas aos visitantes no Demostration Theater. Os dous cociñeiros levaron a cabo estes días receitas onde fusionaron ingredientes de oriente e occidente para enxalzar a calidade, as propiedades nutritivas e a versatilidade gastronómica dos produtos das empresas galegas que participan nesta cita. As demostracións contaron coa visita do Cónsul xeral de España en Hong Kong, Miguel  Bauzá ou a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)