Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nace Celtic Galicia Golf& Wellness para atraer ao turista británico amante do golf



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Impulsada polo sector privado co apoio de Turismo de Galicia combina deporte, termalismo e gastronomía. Ata a Casa de Galicia en Londres viaxarán empresarios galegos para falar cos prescritores vinculados aos clubs de golf británicos. En outubro o proxecto culminará cunha misión inversa que traerá británicos para coñecer a nosa oferta.


A sede do Aeroclub de Santiago de Compostela acollía onte a mañá a presentación do proxecto Celtic Galicia Golf& Wellness promovida pola Asociación Galicia Destino Golf, Asociación Balnearios de Galicia, Oca Hoteles e o Hotel Carlos I no marco do concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia.

Unha primeira consistiu no desenvolvemento da imaxe corporativa e da paquetización da oferta, así como a posta en marcha da web do proxecto, galiciagolfsalud.gal; mentres que unha segunda iníciase este domingo 9 de setembro coa presentación do proxecto na Casa de Galicia en Londres. O proxecto complétase coa posta en marcha de Galicia Golf Pass que supone contar cun prezo especial dos servizos os 365 días do ano.

Na presentación participaron a presidenta de Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán, encargada de explicar o proxecto; Benigno Amor, xerente de Balnearios de Galicia que destacou que con iniciativas como esta vai poder dar o salto cara á captación de mercados internacionais como o británico; Ramón Braña, director Xeral de Oca Hoteles e Leonardo López, director do Hotel Carlos I, así como Cesáreo Pardal, secretario do Clúster Turismo de Galicia e José Luis Mestre, director de Competitividade de Turismo de Galicia, quen destacou a importancia de xerar sinerxias entre as empresas e coa administración.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)