Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha porta aberta ao compromiso medioambiental



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Aproema presenta a cuarta edición dos seus Premios Medio Ambiente, uns galardóns que pretenden destacar o esforzo realizado para promover iniciativas que contribúan ao establecemento dun modelo económico circular e sostible.


Os premios da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia, cuxo prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 28 de setembro, consta de catro modalidades diferentes: entidades públicas, empresas, entidades privadas e centros académicos. Os candidatos deberán ter promovido durante o período 2016-2018 un proxecto ambiental innovador nalgún dos seguintes ámbitos: a conservación e mellora da contorna natural galega, xestión de residuos, valorización, campañas de concienciación ambiental e outras áreas que consideren de interese.

Á hora de valorar as candidaturas, o xurado, formado por representantes dol sector ambiental galego, terá en conta o impacto social e ambiental das iniciativas, a súa achega innovadora e o seu grao de transferibilidade e continuidade. O galardón, cuxa dotación é simbólica, tamén pretende destacar o traballo daquelas entidades que seguen apostando polo desenvolvemento sostible con investimentos en medio ambiente.

Na organización destes premios, que serán entregados o 22 de novembro en Santiago de Compostela, colaboran as seguintes institucións e entidades: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Universidade de Santiago de Compostela, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Sogama e Ecoembes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)