Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Instituto Galego do Viño chega á final dos International Wine Challenge Merchant Awards Spain 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



É un dos tres finalistas dentro da categoría de Mellor Centro Educativo. Os galardonados daranse a coñecer o próximo 8 de outubro nunha cea de gala que se celebrará no Hotel Palace de Madrid na imaxe, o ágape da pasada edición.


Tras o éxito das dúas edicións anteriores, os International Wine Challenge Merchant Awards Spain 2018 incorporan dúas grandes novidades: as IWC Talks, un foro aberto para xerar conversación sobre o mundo do viño, coa participación de grandes nomes no sector, e a apertura durante todo o día da Sala de Catas, onde o público poderá coñecer e catar os viños de máis de 10 adegas.

Con máis de tres décadas de historia e gran prestixio no Reino Unido, celébrase a terceira edición dos International Wine Challenge Merchant Awards en España, uns galardóns que pretenden recoñecer e premiar a todos aqueles profesionais deste país que forman parte do camiño que achega o viño ao gran público. Entre os máis de 250 participantes, o xurado seleccionou aos finalistas de cada unha das 16 categorías e dous premios especiais.

Ademais do Instituto Galego do Viño, outros finalistas galegos que competirán por facerse con estes galardóns son Turismo de Galicia, que aspira a facerse co premio á Mellor Campaña de Marketing/Publicidade, e Martín Códax, que está entre os catro finalistas da categoría Mellor Experiencia Enoturística.

O xurado da edición 2018 está presidido por Pedro Ballesteros (Master of Wine) e formado por grandes profesionais como Charles Metcalfe (co-presidente e fundador de International Wine Challenge UK), Angela Mount (xornalista, escritora e experta en viños), Fernando Mora (Master of Wine), Ángel Riesgo (ex presidente de DDB España e DDB Latina), Joxe Mari Aizega (director do Basque Culinary Center), María José Huertas (sumiller do restaurante Terraza del Casino de Madrid e gañadora IWC á Mellor Carta de Viños 2017), Ferrán Centelles (parte do equipo de sumilleres de El Bulli entre 2000 e 2011, e director da partida de bebidas de elBullifoundation) e José Luis Benítez (director xeral da Federación Española do Viño).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)