Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Tecnoloxía e moda galegas, na New York Fashion Week



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Un desfile cheo de sorpresas, celebridades e xigantes da distribución acompaña á firma galega Hustlers na súa presentación ante o público neoiorquino, un acontecemento que chega tras o seu trunfo na Hong Kong TDC Watch & Clock.&l


Dúas empresas galegas, Hustlers Watches e Xoia Software Development, están presentes na feira anual de moda máis importante do planeta, que dá comezo hoxe. A New York Fashion Week é o escenario onde a firma reloxeira presentará as súas novas coleccións. A colaboración coa tecnolóxica Xoia Software Development materialízase nunha innovadora ferramenta de realidade aumentada, unha especie de probador dixital adaptable a calquera tipo de produto e sector que permitirá visualizar un produto en tempo real e incluso velo adaptado ao noso corpo ou desenvolvendo a función para a que foi concebido. Neste caso, a aplicación permitirá ver ao usuario, no seu propio pulso, os diferentes modelos da marca en tres dimensións. Ademais, na vertente máis industrial, unha evolución desta ferramenta permitirá unha máis rápida e eficiente comunicación entre os deseñadores do produto e as grandes marcas.

Nesta semana da moda de Nova York, a nova marca reloxeira terá a oportunidade de usar esta tecnoloxía para amosar ao público as súas novas coleccións, así como as doutras marcas que comezaron a desenvolver en colaboración con dúas grandes compañías de moda americanas.

Sen embargo, a cidade norteamericana non é o primeiro lugar onde as dúas empresas galegas se presenten a nivel internacional. A pasada semana a aplicación de realidade aumentada desenvolvida por Xoia foi presentada por primeira vez no mercado chinés. Hustlers Watches foi a encargada de amosar os seus reloxos en realidade aumentada a todos os asistentes á Hong Kong TDC Watch & Clock, a feira de reloxaría máis importante de Asia e, xunto coa de Las Vegas e a de Basilea, unha das principais a nivel mundial.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)