Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A vivenda mellor, pero sen euforias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Sobe o prezo a bo ritmo nas principais zonas turísticas do país, aínda que con claro cambio de tendencia segundo Club Notegés. A principal motivación de venda en España segue sendo nun 18,4% dos casos as herdanzas; e nun 9,5% os motivos económicos. Pero a recesión prevista para 2020 afectará de novo ao sector.


A asociación de profesionais inmobiliarios independentes -vende máis de 6.000 vivendas ao ano con máis de 1000 consultores-  asegura que “o prezo subiu un 6% nos oito primeiros meses do 2018, pero con comportamentos moi dispares”. Tal e como explica o director xeral da consultora inmobiliaria, José Luis Jimeno, “segue existindo unha brecha a nivel nacional dun 27%, pois o prezo medio de saída está en 185.666 euros e o final de venda é de 135.914”.

Segundo o prezo de vivenda elaborado polo Club Notegés - que controlan o 41,1% da demanda española-, os prezos “soben a bo ritmo e por encima do resto”, nas principais zonas turísticas do país como Baleares, Barcelona e Madrid capital, así como na Costa do Sol. 

A nivel nacional é de 53,2 anos; mentres que o comprador ten unha media de 41,5 anos. O total das 4.105 familias que adquiriron un inmoble mediante o Club Notegés tiveron un aforro medio de 49.752 euros a nivel nacional. Notegés xestiona a venda de 45.727 inmobles en España, dos cales 9.460 comercialízanse a través do sistema de realidade virtual. En España, un total de 190.687 compradores están rexistrados nas oficinas do Club á espera de comprar.  

A tipoloxía de vivenda máis vendida ten unha media de 2,98 dormitorios e 111,91 metros cadrados de superficie. Do cen por cento das vivendas vendidas ao longo do 2018, un 50,3% pagáronse en man.

Comunidades onde máis crecen os prezos

A Costa do Sol lidera este aumento. A provincia de Málaga sitúase na cabeza cun incremento no prezo no últimos oito meses do 7,3%.  Con todo, “a partir de agora pode haber un cambio de tendencia  xa que tras a venda de tres millóns de vivendas por parte dos bancos, adquiridas maioritariamente por fondos de investimento estranxeiros; o descenso do turismo pola nova situación xeopolítica internacional e a regulación ou prohibición do aluguer vacacional en zonas turísticas como Baleares, Cataluña ou Madrid, prevese un descenso na venda e prezos da vivenda para os próximo anos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)