Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En busca do mellor financiamento



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



A Cámara de Santiago organiza do 17 ao 21 de setembro un taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial no viveiro de empresas. Ademais das prácticas convencionais, se explorarán novos métodos como o crowdfundig.

Baixo o título “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial”, o taller desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas como unha actividade incluída no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O taller está destinado a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como o crowdfundig ou o business Angel.

Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

Desde a Cámara explican que en moitos casos o éxito ou fracaso empresarial está marcado pola capacidade de dispoñer de recursos financeiros “suficientes” para emprender e guiar con éxito unha startup. “Un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitado”, sinalan.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)