Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Polígono de Carballo pulsa a satisfacción dos seus empresarios



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Ao longo desta semana, a Asociación de Empresarios do Polígono de Carballo faralles chegar a un Cuestionario de Diagnóstico de Situación e Necesidades, no que se solicita a cada empresa o seu grao de satisfacción cos servizos e infraestruturas dos que dispón o polígono.


Ao mesmo tempo e coa mirada posta na programación de futuras actividades orientadas á dinamización económica do polígono, o cuestionario tamén solicita a valoración dos empresarios sobre distintas opcións e ámbitos de interese. O obxectivo é mellorar as infraestruturas e os servizos do polígono, xa que os datos obtidos permitirán coñecer dunha forma máis exhaustiva a súa realidade empresarial e traballar na mellora dos servizos que xa se están prestando, así como engadir outros novos adaptados ás necesidades concretas do colectivo empresarial.

O cuestionario tamén facilitará información fiable sobre a facturación agregada do polígono no seu conxunto e o seu número total de empregados e dos importantes argumentos á hora de trasladar ás distintas administracións públicas as necesidades e demandas da área empresarial.

Por outra banda e co inicio do curso, a Asociación de Empresarios do Polígono tamén retomou as xestións orientadas ao seu peche nocturno. Esta medida, encamiñada a mellorar a seguridade, é unha demanda prioritaria da entidade empresarial e está apoiada polo 99% dos empresarios asentados en ambas fases do polígono, segundo revelou unha enquisa realizada en xullo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)