Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O alumno máis destacado de Enxeñaría Informática é da UDC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O Ministerio de Educación e Formación Profesional otorgou a Daniel Valcarce, investigador do Centro de Investigación TIC (Citic), o Premio Nacional Fin de Carreira e con el recibirá 2.650 euros.


Desta forma, Valcarce é o úncio estudante da Universidade da Coruña que recibe esta distinción, que concede o Goberno de España ao alumno máis destacado da súa promoción nas distintas carreiras. Na presente convocatoria, o ministerio premiou aos estudantes que finalizaron os seus estudos no curso 2013-14, concedendo un total de 171 premios en cinco ramas diferentes: Ciencias; Ciencias da Saúde; Enxeñaría e Arquitectura; Ciencias Sociais e Xurídicas, e Artes e Humanidades.

O galardoado cursou os estudos de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña e actualmente é investigador da área de Ciencia de Datos e Información do CITIC. De feito, vén de regresar dunha estancia de investigación en Google Múnich, arredor do ámbito da Recuperación de Información.

O Citic é un Centro de Investigación Singular que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicado ás TIC. Impulsado pola Universidade de A Coruña, é un punto de encontro entre a universidade e a empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. No ano 2016, o Citic recibiu o distintivo de Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019, sendo o único centro TIC de Galicia recoñecido con esta distinción, cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)