Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dous cruceiros traen mañá á Coruña máis de 6.000 pasaxeiros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O Costa Favolosa na imaxe e o Costa Mediterranea chegan ao porto coruñés procedentes de Le Havre, en Normandía, e farán unha escala de nove e dez horas na cidade antes de partir cara Vigo e Leixoes.


Ambos barcos, pertencentes á flota da compañía italiana Costa Cruceros, atracarán no peirao de trasatlánticos do porto da Coruña. O Costa Favolosa, que conta con 290 metros de eslora, 114.500 toneladas e un total de 1.508 camarotes, chegará mañá ás 8.00 horas, mentres que o Costa Mediterranea, con 292 metros de eslora, 86.000 toneladas e 1.057 camarotes, o fará unha hora máis tarde.

Durante a súa escala na Coruña, máis de 6.000 viaxeiros poderán coñecer a cidade herculina (Costa Favolosa: 3.800 pasaxeiros, Costa Mediterranea: 2.680 pasaxeiros). Ademais, en ambos barcos viaxan case 2.000 persoas de tripulación (Costa Favolosa: 1.100 tripulantes, Costa Mediterranea: 897 tripulantes).

O Costa Favolosa comezou a súa travesía en Warnemünde (Alemaña) o 7 de setembro, para despois visitar cidades como Copenhague, Harwich, Le Havre, A Coruña, Vigo, Lisboa, Barcelona e Marsella. Pola súa banda, o Costa Mediterranea, levou áncoras en Ámsterdam o 9 de setembro, e inclúe no seu itinerario escalas en Dover, Le Havre, A Coruña, Leixoes (Porto), Lisboa, Xibraltar, Valencia e Marsella. Ambos barcos rematarán a súa escala na Coruña mañá ás 18.00 horas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)