Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Vigo será sede dun simposio internacional para orientar a xestión da pesca marítima recreativa en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Esta pesca opera nun marco legal complexo e disperso, con múltiples administracións involucradas e solapamentos de usos do medio mariño. A cita do venres e o sábado no Museo do Mar abordará a necesidade dun maior esforzo para xestionala dunha maneira máis eficiente e diminuír os conflitos entre pescadores recreativos e comerciais.


Nas costas de España practican a pesca recreativa aproximadamente 300.000 afeccionados, que contribúen ao desenvolvemento da economía cos investimentos que fan na súa paixón. Precisamente a última xornada estará dedicada enteiramente á elaboración dun Código de Boas Prácticas para esta pesca  recreativa en España, que recollerá propostas realizadas por sectores involucrados e grupos de interese: pesca recreativa e comercial, Ong, casas comerciais, Administracións Públicas e universidades.

A Política Pesqueira Común recoñece que a pesca recreativa pode ter un impacto significativo nos recursos pesqueiros e por iso a Unión Europea comezou a lexislar de maneira conxunta coa pesca comercial. Pero é necesario recompilar datos da actividade e así poder xestionala, pero en España non existe unha recollida sistemática de información sobre a PMR en materia de participación, esforzo, capturas, gastos e perfil social dos pescadores, tal e como propón o grupo de traballo  do International Council for the  Exploration of the Sea. Esta cuestión pode resultar un problema, xa que se a Comisión Europea considera que España non está a cumprir as súas obrigas neste campo, podería impoñer sancións económicas tales como a imposibilidade de recibir fondos FEMP.

Para dar resposta a esta necesidade naceu o Proxecto Sicore, liderado pola USC, cuxos resultados serán de aplicación en todo o litoral e en todas as augas territoriais españolas para desenvolver accións específicas en Baleares, Cataluña, Galicia, Murcia e País Vasco. No marco do proxecto o profesor Sebastián Villasante e o investigador Pablo Pita, da USC, coordinan esta semana o Ismaref 2018.

O consorcio de Sicore

Está integrado por algúns dos científicos máis recoñecidos no mundo no ámbito do estudo da  PMR e do sector en Europa e España. O equipo investigador está formado ademais pola Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (Fedpemar), o Centro Tecnolóxico AZTI- Tecnalia, as Universidades de Xirona e Murcia e o CSIC a través do  CEAB-CSIC e do CSIC- Imedea. Conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e da Xunta de Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)