Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cámara de Santiago entrégase á busca de novas empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Traballa no deseño dunha nova estratexia co obxectivo de dar valor ás compañías, axudalas a mellorar a xestión e contar coa súa participación activa, potenciando ademais as áreas de internacionalización e emprendemento.


Para deseñar este novo proxecto cameral “acorde cos tempos actuais”, a Cámara de Comercio de Santiago celebrou sendas reunións do seu comité executivo e pleno, presididas por José Sierra, coa idea de desenvolver “ao máximo” as relacións coas empresas da demarcación en aras de lograr novas adhesións.

“Queremos fortalecer a nosa masa empresarial coa asociación voluntaria de cantas máis firmas mellor, que nos permita afrontar con éxito un proxecto de futuro. Para iso debemos ser útiles e necesarios para as empresas, prestándolles novos servizos e actualizando os que xa ofrecemos. Nesta liña queremos potenciar a área de internacionalización e a do emprendemento, mantendo a formación avanzada tanto para empresarios como para autónomos e empregados. A nosa reflexión partiu de cero, é dicir, preguntándonos que somos, que podemos facer de interese e a onde queremos chegar. Estas bases deben levarnos a definir unha nova estratexia ou modelo cameral”, segundo indica o goberno da entidade. Dar valor ás empresas, contar coa súa participación activa, que poidan mellorar a súa xestión interna e vender máis, e programar actividades dirixidas que cheguen a un público masivo, son fundamentos e accións que xa se están concretando.

Por outra banda, fíxose efectivo o relevo na Secretaría Xeral, que pasa a ocupar Rosa Cardeso, responsable do viveiro cameral de Costa Vella, xa que Fernando Barros decidiu afrontar novos retos profesionais, se ben seguirá vinculado á cámara como vogal cooperador do pleno. Os órganos de goberno da entidade agradeceron expresamente a Barros a súa “inestimable” dedicación durante os últimos 33 anos.

Foro Cívico Empresarial

Noutro orde de cousas, a Cámara de Comercio de Santiago reanudará proximamente as reunións do Foro Cívico Empresarial para “seguir compartindo” coas principais organizacións sociaies e colectivos profesionais da cidade a preocupación e vixilancia dos asuntos estratéxicos do desenvolvemento da cidade. Igualmente retomará o ciclo de conferencias abertas ao público en xeral con personaxes de actualidade, co ánimo de manter o pulso en canto a temas de interese social, así como o contacto directo cos cidadáns.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)