Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nove grupos adegueiros e un proxecto pioneiro de enoturismo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Para situar España como referente internacional chega Spain Trough its Wineries, alianza do Foro de Marcas Renombradas e 9 adegueiros nacionais, entre eles Terras Gauda. O proxecto deuse a coñecer nunha travesía en barco ás Cíes e cunha comida no viñedo da adega do Rosal.


Máis de 80 millóns de turistas visitan cada ano este país, dos que ao redor dun 20% están interesados na cultura do viño. Para ofrecer un valor engadido arrinca esta nova oferta que permite percorrer España de Norte a Sur e de Leste a Oeste a través dos viñedos das 31 adegas pertencentes a estes grupos: Terras  Gauda (Terras  Gauda e  Pittacum), Barbadillo, Adegas Familiares Matarromera, González- Byass, Grupo  Freixenet, Osborne, Pagos del Rey (Grupo Félix Solís), Ramón Bilbao (Zamora  Company) e Vivanco.

Coa colaboración da Organización Mundial de Turismo (OMT) e Innova  Tax Free, Spain  Trough its Wineries promove penetrarse na idiosincrasia de Galicia, Jerez, Rueda-Toro, Penedés, Ribeira del Duero, Rioja, Somontano e Toledo vivindo as peculiaridades dos procesos de elaboración en cada adega e as variedades características de cada zona. Estas experiencias vincúlanse ás grandes fortalezas destas zonas como son cultura, gastronomía, paisaxe e medio ambiente. É un modo de facer turismo coa calidade como referente que, por outra banda, xera unha nova fonte de riqueza e atracción baseada en tsustentabilidade (ambiental, económica e social), desestacionalización e desenvolvemento rural.

A web www.debodegas.com recolle toda a información sobre o proxecto. Na imaxe, Antón Fonseca e Enrique Costas, vicepresidente e director xeral do Grupo Terras Gauda, durante a xornada de onte na presentación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)