Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A contorna dixital tamén abre novas oportunidades ao ‘marketing’



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Responsables de marketing de importantes compañías achegaron a máis dun cento de profesionais vigueses as novidades que ofrecen as canles online nesta disciplina, nun acto celebrado onte no Círculo de Empresarios de Galicia.


Organizada pola Galicia Business School e o Colexio de Economistas de Pontevedra, a master class contou coa participación do Marketing manager de Estrella Galicia, Santiago Miguélez, e do Key Account manager de Elogia e docente na escola de negocios galega, Rubén Bastón. Ambos foron presentados polo director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, que falou da colaboración actual entre a súa escola de negocios e o Colexio de Economistas de Pontevedra, e pola membro vogal da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra Lucy Amigo Dobaño, que destacou a importancia do cadro docente da master class.

O primeiro relatorio correu a cargo de Rubén Bastón que, baixo o título “Novas tendencias en marketing dixital”, compartiu con todos os asistentes a evolución prevista para o sector dixital en España. O 5% da facturación do ecommerce europeo provén de España”, destacou o relator, para continuar falando do crecente papel que vai ter no mundo empresarial as contornas colaborativas e a loxístisca.

Despois da intervención de Bastón, foi a quenda de Santiago Miguélez que, na súa intervención, titulada “Amplicación on-off, expuxo un caso real sobre a aplicación do online ao marketing: o de Estrella Galicia. Así, o marketing manager da compañía explicou como a empresa integrou na súa estratexia de marketing as canles tradicionais coas novas canles online. A xornada rematou cunha rolda de preguntas na que os dous expertos en marketing digital resolveron todas as inquietudes dos profesionais presentes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)