Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A UTE Aristeia e Lustrum prestará asistencia xurídica ao Concello de Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Os letrados José Antonio Montero e Carmen López son os especialistas que asumirán directamente esta tarefa, así como a representación e defensa en xuízos do consistorio lucense.


Esta Unión Temporal de Empresas resultou adxudicataria do contrato para a prestación deste servizo nunha licitación á que concorreron un total de once despachos. O Concello e os avogados formalizaron a súa relación contractual o pasado 29 de agosto, data na que tivo lugar a firma do contrato.

Desta forma, Aristeia Abogados, despacho dirixido por José Antonio Montero e Cristina Pedrosa que ten a súa sede en Santiago de Compostela, reforza a súa posición na área da consultoría para institucións, manténdose como un referente no asesoramento a empresas, tras 25 anos de traxectoria profesional. Pola súa banda, Lustrum Abogados, está dirixido por Manuel Lobato Iglesias, especialista en dereito laboral, e Carmen López, especialista en contratación pública.

José Antonio Montero Vilar (A Coruña, 1964) exercerá como letrado principal no servizo de asesoramento ao Concello de Lugo. Nos seus 25 anos de exercicio profesional compaxinou o asesoramento a empresas e institucións, tanto públicas como privadas, coa docencia na Universidade de Santiago de Compostela nas licenciaturas e graos en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, así como en diferentes cursos e máster de especialización. Destaca a súa entrega ao eido da economía colaborativa como membro do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago, no que ocupa o posto de secretario. Coa súa dedicación á avogacía continúa a tradición xurídica familiar, que ten un percorrido de máis de 100 anos.

Carmen López Rodríguez (Sarria, 1980) é socia e cofundadora de Lustrum Abogados, así como responsable da sede do bufete en Lugo. Investigadora da USC e avogada colexiada en Lugo e Santiago, a súa traxectoria profesional está estreitamente ligada á consultoría xurídica de empresas e entidades do sector público. Ademais ocupou diversos cargos representativos no ámbito empresarial, entre eles o de presidenta da Federación Galega de Mozos Empresarios.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)