Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un megaproxecto europeo na procura de barcos máis eficientes e con novos materiais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



O Ramsses implementará 13 demostradores a escala real para validar a nivel económico e técnico as medidas. En Galicia Aimen traballará con Estaleiros Cardama e Galventus Servizos Eólicos con materiais compostos para reparación e reforzo de estruturas.


Neste importante proxecto participan 36 socios de 12 países e conta cun orzamento de 13,5 millóns. Os demostradores fomentan o uso de materiais como composites de matriz polimérica, aliaxes metálicas lixeiras ou sistemas multimaterial metal-composites que melloran o rendemento do ciclo de vida dos buques e as estruturas marítimas e reducen pegada ambiental.

Estes materiais son máis lixeiros e ofrecen un maior rendemento que os que se empregan habitualmente, como o aceiro de grao naval. É por iso que o proxecto busca probar a viabilidade do seu en diversos casos, desde a fase de deseño e produción ata a integración no buque. Mediante as demostracións probarase que é posible reducir de forma significativa o custo de mantemento dos barcos e mellorar o ciclo de vida das estruturas marítimas en aproximadamente un 30% en comparación cos materiais e os procesos de fabricación tradicionais.

Para demostrar estas estimacións, definiranse indicadores clave de rendemento (KPI), que midan o rendemento económico e o impacto ambiental ao longo de todo o ciclo de vida das estruturas. Ademais porase en marcha un repositorio de coñecemento e procedementos de mellores prácticas, que permitirá utilizar esta información para casos futuros similares.

Casos de aplicación

RAMSSES estudará 13 casos a partir dos cales se analizarán os procesos produtivos e a  durabilidad das solucións expostas. Aimen traballará con Estaleiros Cardama de Vigo, na definición dos casos de estudo, no deseño e na fabricación dos demostradores e na avaliación e validación das solucións desenvolvidas, mentres que con Galventus, o centro tecnolóxico colaborará no proceso de fabricación das solucións de reparación e reforzo con composites e a caracterización para a preparación superficial e unión dos materiais compostos ás estruturas que vaian ser reparadas ou reforzadas.

O programa, que ten unha duración de catro anos, está coordinado polo Centro per gli  Studi dei TecnicaNavale de Italia e que conta co apoio do Center of Maritime Technologies de Alemaña actuando como xerente técnico. Completan o consorcio entidadesde Filandia, Países Baixos, Estonia, Reino Unido, Francia, Italia, Suecia e Croacia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)