Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pont-Up Store, toma cinco



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Onte presentouse o programa oficial da 5ª edición desta cita, referente para mostrar o noso emprendemento. O punto central volve estar na carpa da Praza de España de Pontevedra o venres 21 e sábado 22 de setembro. Esta edición confirma un mapa cada vez máis equilibrado entre cidades e o rural, que achega o 40% das propostas.


A organización seleccionou 45 empresas entre un total de 144 candidaturas de toda Galicia. Hai onde escoller nun programa con máis de 40 actividades repartidas por toda a cidade e que empeza o xoves 20 ás 11:00 da mañá.

Estrea a cita o workshops I am Remarkable que Google vai impartir por primeira vez en España. O obxectivo é convidar ás mulleres a que celebren os seus logros no ámbito profesional. Ademais, na charla ‘Tips para a túa marca persoal + Mentorías Exprés’  Loreto Gómez enfocará a sesión a mostrar as claves da xestión da marca persoal. Ao remate da sesión informativa será posible consultar dúbidas con ela en sesión individuais.

Hai ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da saúde, as novas tecnoloxías, o benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomía, a cosmética e a xestión cultural. Destas 45 empresas 37 contarán cun stand gratuíto para mostrar produtos, ideas e servizos e 6 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, desenvolvendo propostas tan interesantes como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, un taller de lectura con cans, un obradoiro de robótica organizado por R e Líbolis para aprenderlles a pequenas e pequenos de entre 7 e 13 anos a montar un Stick Arcade, un showcooking de receitas saudables, ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo, que rematará co concerto de The Soul Breakers. A protagonista desta edición, a emprendedora Kore, estará tamén presente a través de accións visibilizando á muller como emprendedora.
 
De todo e para todos

A pouca distancia da Praza de España, nas instalacións da Facultade de Belas Artes, o Fab Lab Laboratorio Creativo achegará 7 obradoiros dirixidos a diferentes públicos con fabricación dixital de instrumentos musicais. No Espazo Gaming,achegarase o emprendemento da man dos videoxogos con torneos e talleres prácticos na Escola de Restauración etransmitidos por un coñecido caster.

No Espazo Ecobas haberá actividades con recursos para persoas emprendedoras que aposten pola economía social eun Espazo de Desenvolvemento de Competencias e do Ecosistema Emprendedor onde asistir ao obradoiro de A Redeira, ou compartir as ideas que achegará a comunidade do programa de Erasmus.

Moi demandado

O Pont-Up Store estase convertendo en punto de encontro anual para moita entidades e asociacións do ecosistema emprendedor. Ao longo destas cinco edicións recibiu un 600 solicitudes de empresas das que acolleu a 210. No acto de presentación de onte participaron Carme Fouces, concelleira de Cultura, Educación e Igualdade de Pontevedra; Javier Dios, deputado de Innovacion e Promoción Económica da Deputación de Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra; e Pedro Figueroa, director do Pont-up Store. A concelleira celebrou que se aposte polo rural do país, que asegurou que “precisa unha mirada diferente e unha vinculación coa tecnoloxía”; e o vicerreitor Jorge Soto definiu o encontro como “tres días ilusionantes”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)