Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis do 80% dos propietarios galegos alugan a súa vivenda pedindo só o mes de fianza



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Mentres a media en España están tres de cada catro propietarios que só fan esta esixencia, Lugo (91%) e Ourense (92,5%) están entre as 15 capitais onde a porcentexe de empresarios menos “desconfiados” supera o 90%.


O 76,8% dos propietarios de vivendas anunciadas en idealista non reclaman unha garantía extra por arrendalas, unha porcentexe que nesta comunidade autónoma, segundo este portal, se eleva a máis do 80%. Pola súa banda, no 20,8% dos anuncios pídese, ademais do mes de fianza, un depósito equivalente a un mes de renda, mentres que no 2,4% a garantía chega aos dous ou máis meses extra.

Aínda que, segundo a LAU (Lei de Arrendamentos Urbanos), só se debe esixir o adianto dun mes como fianza, a lei permite que ambas partes fixen outras garantías adicionais para asegurar o cumprimento do contrato, que é onde se encadran estes depósitos extra que solicitan os propietarios.

Nun total de 15 capitais máis do 90% dos propietarios pide un so mes de fianza, sendo Cidade Real onde esa porcentaxe é maior: 97,1%. Séguenlle Xaén (95,4%), Salamanca (95,2%) e Granada (95%). A continuación sitúanse Cáceres (94,6%), Córdoba (94,4%), Cádiz (94,3%), Santander (93,8%), Lleida (93,1%), Sevilla (92,8%), Ourense (92,5%), Badaxoz (92,5%), Albacete (92,2%), Lugo (91%) e Cuenca (90,6%).

Neste sentido, as cidades con mercados máis dinámicos e aquelas nas que o stock é xa moi reducido, son tamén onde máis propietarios piden un depósito dun mes adicional. Trátase de Barcelona (36,8%), Vitoria (33,3%), Pamplona (29,6%) e Palma (28,5%). En Madrid o 23% das ofertas de aluguer esixen esa garantía.

Dous meses ou máis

O feito de pedir dous ou máis meses como depósito non é en absoluto común, aínda que sexa máis visible nalgunhas cidades que noutras. A maior incidencia dase en Vitoria, onde o 5,8% dos propietarios pide estas garantías extra, seguida por Palma (5%), San Sebastián (4,4%), Madrid (3,8%), Soria (3,6%) e Barcelona (3,5%).

Para Fernando Encinar, xefe de estudos de idealista, “estes datos deixan claro o que hai tempo viñamos anunciando: os propietarios queren reducir ao máximo os riscos que asumen. Aínda así, na maior parte de España non se esixen requisitos adicionais e parece que a relación entre propietarios e inquilinos está equilibrada. O feito de que os mercados nos que a oferta é menor que a demanda sexan os que máis garantías esixen ao inquilino demostra esta aversión ao risco e serve de aviso do que sucedería no caso de que dende as administracións se merme aínda máis a seguridade dos arrendadores: buscarían a forma de protexer os seus bens ou, de non ser posible, os poñerían en venda, o que reduciría aínda máis a oferta dispoñible e aumentaría significativamente os prezos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)