Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O cidadán, no centro da revolución dixital



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Mobile Week desembarcará na Coruña do 21 ao 28 de novembro para fomentar o debate sobre a transformación dixital, cunha programación para todos os públicos con charlas, mesas redondas, exposicións e talleres para nenos e adultos.


Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) presenta a primeira edición de Mobile Week Coruña, unha iniciativa que fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para crear espazos de reflexión colectiva sobre a transformación dixital e o seu impacto na sociedade actual. O futuro cotidián convértese no eixo temático da iniciativa situando ao cidadán no centro da revolución tecnolóxica.

A semana presenta unha programación transversal e gratuíta en is de 20 espazos ao longo dos dez distritos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Relatorios, charlas, mesas redondas, demostracións, exposicións de arte, talleres e xornadas infantís, entre outras, darán lugar a abordar os retos, os límites e as oportunidades de transformación dixital.

A iniciativa divide o seu programa en catro eixos de actividade: mWeek Talks, un ágora de debate para reflexionar sobre como a revolución dixital inflúe na vida das persoas; mWeek Lab, demostracións e talleres de cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia; mWeek Kids, actividades para toda a familia, e mWeek Gallery, un programa cultural paralelo organizado en colaboración con institucións e entidades do territorio que derivará en visitas guiadas e exposicións artísticas.

A toda a cidade

Mobile Week Coruña
é unha iniciativa de MWCapital que, tras dúas edicións en Barcelona, dá o salto á Coruña para potenciar o debate sobre as implicacións a nivel social, económico e cultural da transformación dixital no Eixo Atlántico. Esta primeira edición conta coa colaboración do Concello da Coruña e distintos equipamentos públicos e privados, espazos de innovación e museos científicos, a Deputación da Coruña, a Xunta a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica e o Club Financeiro Atlántico.

Para fomentar a reflexión
sobre a transformación dixital e potenciar o papel do Eixo Atlántico como axente clave da dixitalización do territorio, Mobile Week Coruña contará con relatores expertos en innovación, como Silvia Leal; profesionais do ámbito dixital, como Adolfo Fernández (Google), e representantes do ámbito universitario, como Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Educación da Universidade de Santiago.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)