Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A industria 4.0 comeza coa prevención



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE SETEMBRO DE 2018 · (0)



Vigo acolle o 18 e o 19 de outubro o II Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0, un encontro organizado polo Issga, Ageinco, Aprosal e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais.


Na súa segunda edición, o congreso constitúe un punto de encontro entre profesionais para concienciar sobre a importancia de ter en conta aspectos de prevención e seguridade na nova Industria 4.0. Celebrarase na sede de Afundación en Vigo e nas dúas xornadas contará con is de 15 relatores, profesionais relevantes en importantes empresas como Mecalux, Faurecia, Omron, PSA; expertos en prevención e seguridade, e centros tecnolóxicos e da Administración, que abordarán os principales desafíos que presenta a PRL e a seguridade na industria 4.0: implantación de robots colaborativos, exoesqueletos, drons, almacenes automáticos, vehículo eléctrico, sistemas de detección de peóns, entre outros.

Desde GTG Ingenieros, como especialistas en seguridade industrial enfocada á industria 4.0, colaboran na organización deste encontro en coordinación co resto das entidades, na procura de conquerir un congreso dun gran nivel profesional. Así, cómpre destacar o relatorio de Israel Benavides, enxeñeiro encargado do proxecto de exoesqueletos de Ford, compañía pioneira no uso desta tecnoloxía para a mellora da saúde e a ergonomía dos operarios.

Respecto ao uso de robots, se contará coa experiencia de Iñaki Maurtua, quen participou no proxecto europeo FourByThree (H2020) para conseguir crear robots colaborativos en aplicacións de fabricación que cumpran catro requisitos: modularidade, facilidade de uso, seguridade e eficiencia.

Pola súa banda, o experto en produtividade persoal Iago Fraga falará sobre as oportunidades e ameazas para os prevencionistas neste novo ecosistema 4.0. Ademais, o secretario xeral de PESI, Javier Larrañeta, disetará sobre a importancia da I+D para a seguridade na industria 4.0.

Debates dinámicos

Os asistentes poderán participar en mesas redondas dinámicas e abertas, nas que poderán introducir as súas inquedanzas. Debatirase sobre o rol das institución na promoción da seguridade 4.0 e a aplicación das novas tecnoloxías para a prevención e seguridade industrial.

O II Congreso Internacional de PRL e Seguridade Industrial 4.0 conta ademais coa colaboración do Concello de Vigo e o patrocinio de GTG Ingenieros, enxeñaría especializada en servizos e equipos de seguridade industrial; Cíes Atlántico, consultoría técnica de seguridade e saúde laboral; Omron, fabricantes de compoñentes de automatización industrial, e CTGA, especializados no desenvolvemento de xestión documental de seguridade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)