Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Xa se coñecen os gañadores do programa The Hop de Estrella Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



As startups Trucksters, Talentoo, Flexsas, Estrella-Day, Data Monitoring e Barley foron as elixidas para dar o gran salto empresarial da man da compañía cerveceira, que apoiará a estes equipos de mozos emprendedores nos seus proxectos dixitais.


O obxectivo con The Hop pasa por identificar talento, desenvolver emprendemento tecnolóxico e fomentar a colaboración de Estrella Galicia con startups e mozos emprendedores. Dende a presentación do programa, o 31 de maio, a comunidade de hoppers rexistrou is de 130 propostas, das que só 18 proxectos resultaron preseleccionados.

Onte pola mañá, data da entrega de premios, os equipos finalistas tiveron a ocasión de defender as súas solucións ante os membros do xurado, cuxa resolución final produciuse pola tarde. Así, as startups finalmente seleccionadas poderán achegar valor engadido coas súas solucións tecnolóxicas ás diferentes áreas estratéxicas da cadea de valor de Estrella Galicia: comercialización, fabricación e calidade, xestión, loxística e aprovisionamento,e marketing, entre outras.

O xurado da primeira edición dos Premios The Hop estivo formado por directivos de Hijos de Rivera, empresa propietaria de Estrella Galicia, así como expertos profesionais externos. Ao acto de entrega de premios, celebrado onte en Santiago de Compostela, tamén acudiron representantes institucionais e empresariais.

Os gañadores

Nesta primeira convocatoria do programa, Estrella Galicia decidiu apostar polos seguintes proxectos de base tecnolóxica para que entren en fase de desenvolvemento e aceleración dende dentro do seu propio ecosistema empresarial:

Trucksters. A tecnoloxía desta startup facilita ás empresas de transporte acceder a unha rede de condutores para que estes se releven en estrada e conduzan un mesmo camión ao longo dun traxecto de media e longa distancia. A solución axuda a optimizar o traslado do produto por estrada e chegar a novos mercados de forma máis eficiente e económica.

Talentoo. Plataforma de selección de persoal cun modelo B2B, que conecta a empresas contratadoras con seleccionadoras de forma sinxela e baixo un rexistro gratuíto. O sistema mellora os custosos procesos de emprego, actuando como único intermediario e provedor. O contratador elixe o fee que quere pagar e o abona só se incorpora ao candidato.

Flexsas. Marketplace online para solucións de almacenamento baixo demanda. Conecta a distribuidores e outros axentes do sector con operarios de almacenes. A iniciativa conta con centos de partners en Brasil, dende onde xestionan a distribución nas distintas canles de retail co obxectivo de reducir custos e aumentar as vendas en zonas máis remotas.

Estrella-Day. A súa tecnoloxía pretende prover cervexa fría a clientes nunha hora grazas á migración cara o Same-Day-Delivery. O obxectivo é optimizar as operacións a tempo real e conseguir novos consumidores no seu funnel de conversión, ao crear novas liñas de negocio e potenciar as existentes.

Data Monitoring. A solución consiste en deseñar, fabricar e programar un dispositivo de monitorización con IoT, de baixo custo e adaptado aos barrís de cerveixa de adega. Por outra banda, inclúe unha app móvil dende a que controlar distintos parámetros cos que poder facer estudos sobre o estado e o consumo do produto, así como a loxística para reposicións.

Barley. Plataforma de xestión e intelixencia orientada a bares, distribuidoras e produtoras de cervexa. Grazas a caudalímetros IoT, xérase o big data necesario para crear solucións de analítica, optimizar a toma de decisións, ofrecer un mellor servizo e aumentar vendas.

De este modo, a compañía cerveceira incorporará os diferentes proxectos e iniciativas dixitais relacionados co big data, a intelixencia artificial ou o Internet das cousas aos ses procesos e actividade empresarial. As startups colaboradoras no programa recibirán, pola súa banda, a formación, mentorización e o impulso necesarios para desenvolver e acelerar os ses proxectos dende esta contorna de creación aberta.

Comeza a Experiencia The Hop

Cada un dos equipos gañadores recibe un premio en metálico de 10.000 euros, non sen antes pasar pola Experiencia The Hop, un período de inmersión corporativa e cultural no que aprenderán dende A Coruña como facer medrar de maneira exponencial os seus proxectos e desenvolver as súas metas como startup, ao igual que fixo Estrella Galicia nas súas orixes hai 112 anos. O proceso completarase posteriormente con cursos de formación en Madrid, dentro do Espazo The Hop, dende onde os proxectos entrarán nunha fase de aceleración, sendo apoiados en todo momento por profesionais expertos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)