Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Retos para a rehabilitación en madeira



PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra o día 19 a quinta edición das Xornadas de Rehabilitación en Madeira, MáisMadeira, reunindo a profesionais da arquitectura, o deseño, a industria, a universidade e os centros tecnolóxicos.


Aproveitando a Feira Reformas que se celebra en Expocoruña, nestas xornadas debaterase sobre as posibilidades que ofrece a rehabilitación e amosar diferentes solucións técnicas en madeira. Na edición deste ano preténdese poñer o foco nos retos aos que se enfronta esta disciplina, chamada durante anos a ser unha das solucións á crisis sufrida no sector da construción. Nesta loita, tanto a industria como os profesionais da construción atoparon na madeira un aliado excepcional, por encarnar á perfección os conceptos de sostibilidade e economía circular.

Durante a celebración destas xornadas, os profesionais abordarán como afrontan o seu futuro neste eido, amosando exemplos e novidades. Na xornada de mañá, os estudos de arquitectura Gil y Nieto Arquitectos, Salgado e Liñares Arquitectos, e Irisarri e Piñera Arquitectos amosarán a través de diferentes exemplos a forma de tratar a madeira no ámbito da rehabilitación, os problemas aos que tiveron que facer fronte e as solucións presentadas.

Ao remate das súas exposicións, celebrarase unha mesa redonda á que se incorporarán Creus e Carrasco e o CIS Madeira. Moderada pola doutora arquitecta profesora do Máster de Rehabilitación da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Dolores Otero, compartirán cos asistentes os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira.

Xa na xornada de tarde, celebraranse encontros B2B entre industria e prescriptores co obxectivo de coñecerse personalmente para compartir sinerxías e establecer futuras colaboracións. Para poder participar nestas xornada cómpre enviar o boletín de inscripción a comunicacion@clustermadeira.com, antes dol 17 de outubro. A asistencia á xornada de mañá é gratuíta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)