Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas españolas piden créditos por valor de 243.000 millóns de euros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Segundo José Manuel Aguirre, economista de AIS, “o crédito está bastante polarizado entre operacións ou ben pequenas ou moi grandes”. Do total do diñeiro concedido entre xaneiro e agosto de 2018, o 47,5% son cantidades superiores a 1 millón de euros e o 40,5% para préstamos de menos 250.000 euros.


Sexa cal for o importe que solicitan o 84% das empresas devolverao en menos dun ano, apenas un 7% supera os 5. Malia que os datos semellan alentadores convén introducir algúns matices, xa que a carteira de crédito a actividades produtivas está en taxas de variación negativas desde 2011, polo que xa enlaza 8 anos de descensos.

Segundo Aguirre, “se reparamos nas últimas cifras sobre a carteira de créditos a actividades produtivas publicados polo Banco de España en xuño, observamos que a tendencia contrativa do crédito a empresas acentuouse nos dous primeiros trimestres de 2018, alcanzando taxas interanuais negativas próximas ao 6%”.

Entre xaneiro e xuño deste ano, o total de créditos pendentes de amortización concedidos a empresas pasaron de 592.000 millóns a 558.000, “o que supón -indica Aguirre- un descenso na carteira duns 34.000 millóns malia as novas operacións”. Segundo AIS Group, esta caída no total é practicamente xeneralizada en todos os sectores, aínda que o principal descenso deuse en servizos lastrado polas baixadas do crédito das empresas de intermediación financeira e de actividades inmobiliarias. Tamén o crédito á construción caeu preto de 5.500 millóns.

O crédito a empresas fóra da banca

Do total dos aproximadamente 558.000 millóns de euros de crédito vivo destinado a actividades produtivas apenas 13.240 corresponden a operacións xestionadas por entidades financeiras de crédito ( EFCs) e non por bancos. A tendencia no que vai de ano tamén é á baixa, pois a carteira reduciuse en algo máis de 207 millóns de euros. Con todo, neste caso os descensos máis destacados son os correspondentes ao crédito a empresas de comercio e de industria. “Aínda que o que máis chama a atención -comenta Aguirre-, é que sexa o crecemento en transportes e especialmente en construción o que mitiga en certa medida a caída global da carteira de crédito a empresas destas entidades”. De feito, os créditos concedidos a empresas de construción por parte das EFCs están en escalada.

Iso si: a taxa de morosidade déixanos unha nota positiva, pois vén reducíndose desde fai catro anos. O dato de xuño 2018 (7,8%) é especialmente bo, pois é o primeiro desde 2011 en que a taxa ten menos de dous díxitos, comenta Aguirre.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)