Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha exposición inaugura o “mes de sensibilización do cancro de mama” en Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Con motivo da celebración do mes de sensibilización sobre o cancro de mama, o hospital HM La Esperanza de Santiago alberga ata o xoves 11 unha exposición con imaxes tomadas pola fotógrafa Rosa Gallego del Peso nas que se reflicten as diferentes etapas da patoloxía. Ademais, o día 18 o hotel Araguaney acollerá a cuarta edición das Xornadas sobre a enfermidade.


A mostra pode verse nas instalacións de Centro Integral Oncolóxico Clara Campal (HM CIOCC Galicia), o primeiro centro oncolóxico privado da comunidade, que será inaugurado proximamente e que se atopa no hospital compostelán HM La Esperanza.

A exposición, que ten carácter itinerante e poderase contemplar tamén noutros centros de HM Hospitales de León, Madrid e Cataluña, reflicte a través de catro imaxes a evolución do cancro de mama, desde o primeiro momento, co diagnóstico, ata o último, cando a enfermidade é superada. As fotografías pertencen á serie ‘Sempre amence’.

A exposición é a primeira das iniciativas deste “mes de concienciación sobre o cancro de mama”. O xoves 18, o Hotel Araguaney será escenario da cuarta edición das Xornadas do cancro de mama organizadas polo hospital HM Rosaleda. Será unha sesión aberta ao público na que se darán catro relatorios relacionados coa patoloxía.

As Xornadas contarán como moderadoras coa Dra. Teresa Curiel, do Servizo de Oncoloxía Médica de HM CIOCC Galicia, e coa Dra.Cristina Varela, da Unidade de Cirurxía da Mama do Hospital HM Rosaleda. Nelas trataranse temas relacionados coa estética oncolóxica, farmacia, psicooncología e sexología.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)