Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dúas adegas galegas, no ‘top 100’ da “Wine & Spirits Magazines”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Bodegas del Palacio de Fefiñanes e Forjas do Salnés, ambas da DO Rías Baixas, foron seleccionadas para esta prestixiosa lista despois dunha cata de máis de 15.000 viños e participarán o martes na 15ª Top 100 Tasting en San Francisco.


A inclusión neste ranking anual supón ademais que ambas adegas aparecen na 32ª Guía Anual de Compras Wine & Spirits e que os seus viños formarán parte da cata especial que se vai celebrar o martes en San Francisco, un acto no que se darán cita profesionais do sector de todo o mundo. Desta forma, as dúas adegas das Rías Baixas figuran entre as nove españolas seleccionadas pola revista norteamericana, o que demostra o gran recoñecemento que os viños galegos están obtendo nun mercado de tanto peso como o estadounidense.

Ubicada no Palacio de Fefiñanes na imaxe, un edificio singular e cheo de historia de principios do século XVII, situado en pleno centro de Cambados, a adega data a súa fundación en 1904. En 1928 rexistra a marca Albariño de Fefiñanes, un fito histórico que a converte na primeira bodega do mundo que comercializa viño albariño etiquetado.

Catro son os vinos cos que conta actualmente: Albariño de Fefiñanes, Albariño de Fefiñanes III Año, 1583 Albariño de Fefiñanes e Armas de Lanzós, todos eles elaborados unicamente coa uva albariño, unha variedade que alenta a pasión polo viño dunha adega que segue facendo historia.

Forjas do Salnés

Tamén dentro da DO Rías Baixas atópase Forjas do Salnés, unha adega que nace para cumprir o sono compartido por ata tres xeracións diferentes. Na actualidade elabora os viños: Leirana Albariño, Leirana Finca Genoveva, Goliardo A Telleira, Cos Pes, Goliardo Caiño, Goliardo Loureiro, Goliardo Espadeiro e Bastión de la Luna.

A adega, ubicada tamén en Cambados, conta con depósitos fermentación (inox, madera, cemento…): Inox, madeira e barricas de 225, 500 e 750 litros, ademais de Fudrés de 1.500, 2.000 e 2.500 litros e Tino de 2.500 litros. A súa produción media anual rolda as 30.000 botellas. Actualmente, a adega xestiona arredor de 3,5 hectáreas de viñedo en propiedade e tres hectáreas en aluguer repartidas en varias parcelas situadas en distintos puntos do municipio de Meaño, Sanxenxo e Barro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)