Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como aproveitar o 'blockchain'?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Ineo congrega en Vigo a empresarios de diferentes sectores interesados en coñecer como pode axudar á dixitalización da loxística, a eficiencia enerxética e a automoción; e cales son as vantaxes desta tecnoloxía.


O segundo “Taller para a dixitalización Industria 4.0: Blockchain aplicado á loxística, a eficiencia enerxética e a automoción” celebrado onte suma un ciclo de relatorios que organiza co apoio do IGAPE, contou coa participación de Ledger33 Technologies,  Godenigma e  Xesol  Innovation. Representantes destas tecnolóxicas galegas compartiron a súa experiencia.

Antonio  Comesaña, vicepresidente da Asociación Galega de  Blockchain e  IoT e  CEO da empresa  Ledger33  Technologies, comezou presentando a asociación á que pertence, que ten como principal misión divulgar esta tecnoloxía a todas as capas da sociedade. Seguidamente, explicou os servizos que realizan desde  Ledger33  Technologies, que traballa para que os datos xerados por un produto ou servizo sexan certificados, inmutables e  trazables desde a súa orixe ata que chegan ao consumidor.  Comesaña definiu o  blockchain como “un libro maior de acontecementos dixitais que está distribuído. Este só pode ser actualizado a partir do consenso da maioría de participantes do sistema e unha vez introducida a información nunca pode ser borrada.”

Pablo  Gajino, director de operacións de Godenigma falou das aplicacións á eficiencia enerxética: esta tecnoloxía aplicada á captura e certificación de consumos enerxéticos, sempre integrada con ferramentas  IoT, “permite dar veracidade e confianza entre provedores e clientes á hora de calcular e medir aforros enerxéticos grazas a accións e reformas de eficiencia enerxética.” Ademais, explicou en que consiste a solución  Ithium -  OTEA, unha plataforma de  telemonitorización e  telecontrol de instalacións, edificios ou cidades, que permite realizar políticas e análises de consumos enerxéticos de aire acondicionada, auga, gas, electricidade e implantar medidas para o aforro.  

Automoción

Dende Xesol Innovation, José Nogueira, fundador da empresa, e Salvador Canas, Enxeñeiro de Deseño  FPGA, abordaron o blockchain aplicado á automoción. Durante a súa intervención realizaron unha presentación da súa compañía a través da súa principal misión, a de reducir o número de accidentes en estradas e colaborar no desenvolvemento ambiental sustentable das cidades. Para iso, presentaron a opción de como integrar tecnoloxías  DLT ( Hyperledger  Fabric, neste caso) con sistemas de comunicación V2X para aplicar nas  Smart  Cities para diminuír o impacto dos problemas máis comúns de mobilidade como contaminación, accidentese conxestión na rede viaria.

Carlos Abal, presidente de Ineo, agradeceu a colaboración das tecnolóxicas participantes. “Organizamos este novo evento para achegarvos casos reais das vantaxes da aplicación desta tecnoloxía á trazabilidade e cadea de valor dun ben, á redución do consumo e aforro enerxético e ao sector da automoción”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)