Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadisa aumenta presenza en Castela e León



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Vén de crear 35 empregos directos coa apertura do 5º supermercado en Salamanca, o sexto na provincia. O novo punto de venda da principal insignia de Gadisa apontoa un posicionamento que neste 2018 asentouse coas aperturas nas provincias de Salamanca (Santa Marta de Tormes) e Zamora (na capital, e en Toro).


A estas incorporacións á rede en Castela e León hai que sumar, tamén neste ano, a efectuada en Vilar do Colo (Fene, A Coruña) e as reaperturas levadas a cabo en Ourense e A Laracha (A Coruña). En total crearonse máis de 190 postos de traballo.

O novo supermercado salmantino dispón de máis de 8.000 produtos concedéndolle especial importancia ás seccións de frescos, a apoiando ao produto autóctono e local de tempada, un dos puntais da compañía de Betanzos. No caso do peixe e o marisco, máis de 80 profesionais seleccionan e adquiren directamente o mellor produto en lonxas e portos de Galicia. A carne e a froita e verdura selecciónanse en orixe e en todos os casos, os produtos son sometidos a rigorosos controis. Ademais de 220 Supermercados Gadis, GADISA suma 12 Cash Ifa e 178 franquías Claudio entre Galicia e Castela e León.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)