Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aposta pola viticultura biodinámica e sostibilidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A adega Sardón de Duero, do grupo galego Terras Gauda, cumpre 20 anos desenvolvendo un xeito de traballar o viñedo e elaborar os viños que busca o equilibrio entre o ecosistema, a diversidade biolóxica e a contorna natural.


Crear viños sostibles coa contorna e que expresen en copa a pureza do terroir foron dous dos principais obxectivos marcados por Quinta Sardonia dende 1998. No 20º aniversario, a adega fai balance positivo dos seus logros, entre os que destaca o de reducir o impacto medioambiental e que os viños QS e QS2 reflicten en cada anada a importancia do terruño, a finca de onde proceden as distintas variedades. Detrás existe unha aposta constante pola viticultura biodinámica, un xeito de traballar a viña e elaborar os viños que conquistou o exterior: destina a exportacións o 75% da produción.

A sostibilidade medioambiental é a base da biodinámica, que en Quinta Sardonia se desenvolve buscando o equilibrio entre o ecosistema, a diversidade biolóxica e a contorna natural. O solo considérase un organismo vivo, un elemento dinámico que proporciona alimento natural á cepa e unha gran cantidade de nutrientes, que ten o seu reflexo na calidade da uva.

Unha das premisas da biodinámica que aplica esta adega é ter en conta os ciclos da lúa para traballar a viña e plantar as vides. A viña abónase con compost de elaboración propia, o que evita a utilización de compostos externos e contribúe á conservación do medioambiente, a diminuír o impacto derivado da propia actividade e, á vez, manteñen intactos os compoñentes aromáticos das variedades. Tamén se preserva a cuberta vexetal do solo, conservando as plantas e flores que, de modo natural, se extenden ao longo das 20 hectáreas de viñedo propio.

A mineralidade e a complexidade da terra potencian a fertilidade do solo mediante procedementos naturais e propician o desenvolvemento natural da viña. Esta esixente práctica de viticultura, que parte da importancia da saúde do terreo, baséase na prevención, evitando un importante número de intervencións no viñedo, o que redunda tamén nunha maior preservación da contorna ao reducirse as emisións de CO2 á atmosfera.

Reflexo nos viños

O equilibrio perfecto entre contorna, clima, cepa e solos, que nesta adega son de gran riqueza e moi heteroxéneos (calcáreos, marga e coluvión), apréciase nos viños, de maior complexidade e marcada singularidade. Viños únicos, coas variedades Tinto Fino, Cabernet Sauvignon, Syrah, Petit Verdot, Cabernet Franc e Malbec, nos que o terroir se manifesta con máis fortaleza pola súa peculiar elaboración e a forma tan definida de entender e poñer en práctica a viticultura na adega de Sardón.

A adega do grupo Terras Gauda destina a exportaciones un 75% da produción e o volume de vendas internacionais experimentou un crecemento do 15% no último exercicio. Dinamarca, Suiza, China, Estados Unidos e Austria son os seus mercados de referencia no exterior. No caso de Estados Unidos, os viños elaborados segundo os principios da biodinámica QS e QS2 contan cunha grande aceptación. A adega tamén comercializa Sardón, en resposta á demanda dun mercado en auxe que opta por tintos máis frescos, aromáticos e frutais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)