Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Juan Carlos Galán, novo director de Flythings, a primeira "spin off" do Instituto Tecnolóxico de Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Galán leva máis de 15 anos no desenvolvemento e venda de solucións B2B. O directivo foi responsable de negocio de Sistemas en Alava Enxeñeiros- Preditec e tamén director comercial. É enxeñeiro Industrial pola Universidade de Salamanca e Enxeñeiro Técnico industrial pola Universidade de Oviedo.


Tras facer estudos de posgrao en Dirección de Vendas, Comunicación e Xestión da Innovación a súa traxectoria profesional comezou en Facet International. Agora será o rostro desta empresa, que ofrece a solución Internet of Things, e que foi creada por  ITG para dar resposta ás necesidades da Industria 4.0.

A solución permite almacenar, monitorar e dar valor a millóns de datos transmitidos en tempo real por múltiples dispositivos de  sensorización. En canto ao Instituto tecnolóxico de é unha fundación privada sen ánimo de lucro que naceu hai máis de 25 anos na Coruña. Recoñecido oficialmente como Centro Tecnolóxico Nacional,  ITG está certificado no seu sistema de xestión de calidade e I+D+i, e acreditado por  ENAC para a certificación de persoas. Forma parte do consello reitor da Federación de Centros Tecnolóxicos de España (FEDIT) desde 2010 e Carlos Calvo, director xeral de  ITG, é o seu presidente.

ITG traballa coa Internet of Things e redes de sensores, Industria 4.0, Smart City, big data, electrónica de drons, nanotecnoloxía e tecnoloxías emerxentes. Ademais, é o organismo certificador exclusivo en España de BREEAM® ( Building  Research  Establishment  Environmental  Assessment  Methodology), o método de avaliación e certificación da sustentabilidade de edificios tecnicamente máis avanzado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)