Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

"A derradeira leición do mestre" está xa no Gaiás



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a inauguración da exposición Castelao maxistral que inclúe o prezado cadro A derradeira leición do mestre, cuxa chegada a Galicia foi posible grazas a un traballo conxunto da Real Academia Galega, o Consello da Cultura, a Fundación Castelao, a Fundación Alexandre Bóveda e o Centro Galicia de Bos Aires. 


Núñez Feijóo inaugurou esta mañá a mostra Castelao Maxistral, "un fito nas exposicións do Gaiás", asegura o Goberno galego que cualificou a obra de Castelao como intemporal e universal, "algo que soamente sucede cos grandes xenios capaces de interpretar o fondo da alma humana".

A mostra que xa se pode ver no Museo do Gaiás pretende dar unha visión panorámica do ensino entre os comezos do século XX e o ano 1936. "Os máis vellos sentirán os ecos daquela barbarie, e os máis novos preguntaranse asombrados se realmente foi aquí en Galicia onde sucedeu o que relata este cadro conmovedor”, dixo o presidente galego. Feijóo quixo destacar a capacidade de pobos coma o galego para "desterrar esa maldición e emprender un camiño xuntos".

O presidente da Xunta incidiu na necesidade de transmitir aos mozos que acudan a esta mostra unha reflexión que se inspira nesta obra mestra de Castelao: "A liberdade, a convivencia, a tolerancia, son valores que non se protexen sos", recordou, facendo fincapé en que se non se coidan ou se se pensa que son algo superfluo, "poden esmorecer e aparecer de novo as forzas escuras".

Educación para a convivencia

Para loitar contra esta ameaza, Feijóo subliñou que parte da resposta atópase tamén na mostra Castelao Maxistral, ao tratarse dun recordatorio do papel da educación no fomento da convivencia. Un papel do que sabían os emigrantes, "que formaron un sinfín de sociedades de instrución e sementaron o seu país natal con escolas de indianos".

Asemade, destacou a vida de Bóveda como resposta fronte aos perigos sempre latentes contra a democracia. "Quixeron matar a un galeguista que nunca compartiu o totalitarismo dos seus verdugos, como se demostra nese Estatuto de Autonomía do que foi un dos grandes artífices".

E rematou a súa intervención avogando por unha "memoria inclusiva e non excluínte" que evite trasladar ao presente "querelas que xa foron superadas pola nosa sociedade". 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)