Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Adriana Domínguez, Premio Executivas 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A asociación Executivas de Galicia recoñece a traxectoria da conselleira delegada de Adolfo Domínguez e a capacidade de liderado da compañía cun galardón co que quere dar visibilidade ás mulleres que lideran proxectos empresariais.


O premio, que se entregará na gala dos Premios da Comunicación Gráfica, que se celebrará o 23 de novembro en Ourense, pretende destacar aquelas traxectorias persoais ou empresariais que poñen en valor o liderado feminino. Trátase dun galardón que na pasada edición foi outorgado á investigadora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) Marisol Soengas, quen xa confirmou a súa presenza na entrega do premio deste ano.

Antes de ser designada máxima executiva da compañía, Adriana Domínguez xa exercía como conselleira, directora de marca de Perfumes e directora de Comunicación. Conta cun profundo coñecemento da compañía, na que liderou durante 17 anos varios proxectos en distintas áreas de negocio: deseño das concept store da empresa, creación de cinco coleccións cápsula da liña de moda muller ou o lanzamento dunha liña de roupa para mascotas.

Dende 2010 foi a responsable da xestión, creación, renovación e lanzamento das fragancias da compañía. Na área de Perfumes xestionou proxectos de marca e reputación como “Viaje a Ceylán”, a renovación de “Agua Fresca de Rosas”, o lanzamento de “Rosas Blancas” e o de “Única”.

Executivas de Galicia valorou este percorrido profesional, a calidez humana e o apego pola terra como características que poñen en relevo o papel do liderado da muller como clave para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)