Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Porto de Vigo e o seu “Peirao do Solpor”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Con este proxecto quérense crear sistemas de microhábitats coma se fosen viveiros artificiais para a implantación de algas e novas especies. Para iso aproveitaranse estruturas existentes verticais recollendo a experiencia das bateas de mexillón usando cordas ou mantas.


Farase o piloto nunha zona céntrica facilmente visitable, “o que servirá para comprobar en primeira persoa como funciona o ecosistema, os tempos de renovación ou recuperación e o ciclo de vida”, afirman dende a Autoridade Portuaria.

O Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañado pola Vicerreitora de Investigación, Belén Rubio e o Director do Campus do Mar, Daniel Rey, reuníanse esta mañá co Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique  C. López Veiga, e ao Xefe  de Departamento de Sustentabilidade, Carlos Botana como primeira toma de contacto co novo equipo. Falaron do estadono que se atopan os proxectos enmarcados na estratexia  Blue Growth, exemplo da implantación da política de Crecemento Azul promovida pola Comisión.

Fíxose especial fincapé en tres puntos crave nos que é imprescindible redobrar os esforzos de colaboración entre Porto e Universidade: historia e cultura portuaria e marítima, formación e a consolidación de Vigo como “Porto Verde”. López Veiga expuxo ao equipo de Goberno o proxecto coñecido como “Peirao do Solpor” como parte dun concepeto de restauración ambiental e o desenvolvemento sustentable do Porto, de acordo coa Axenda Blue Growth da Comisión Europea e dos grupos de traballo xurdidos ao redor da estratexia de Crecemento Azul do Porto de Vigo, onde participou o Campus  do Mar, ademais doutras entidades como o Cetmar, o Centro Oceanográfico, o CSIC e a Comunidade Portuaria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)