Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

HGBeyond, mellor iniciativa empresarial de base tecnolóxica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Naceu en 2015 como unha spin-off da USC para comercializar resultados do grupo de Investigación I+D Farma e desenvolver solucións biosanitarias. Fundada por investigadoras fai lentes de contacto con capacidades de liberación controlada de substancias para tratar enfermidades do ollo.


O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a USC entregaron hoxe en Madrid os premios da primeira edición do Concurso Innovatia 8.3. a HGBeyond e Frame, as dúas lideradas por mulleres e creadas co apoio das súas universidades, as de Santiago de Compostela e Carlos III de Madrid. Os galardóns deunos esta mañá a secretaria de Estado de Igualdade, Soledad Murillo de la Vega, e o reitor da USC, Antonio López Díaz, que dixo que “sabendo que as mulleres son maioría nas aulas e xeradoras dos mellores expedientes académicos, forman un capital intelectual que a sociedade non debe desaproveitar”.

HGBeyond desenvolve lentes de contacto que tratan procesos inflamatorios e de alerxia, ademais de glaucoma ou enfermidades relacionadas coa diabetes. Este premio está dotado con 10.000 euros e asesoramento personalizado durante seis meses por unha profesional; e na categoría de Startup, cun premio de 7.000 euros e asesoramento de tres meses, a galardoada foi Frame, nada na Carlos III de Madrid. As súas promotoras desenvolveron un sistema de drons equipados con intelixencia artificial listos para despegarse tras calquera catástrofe, que se coordina autonomamente durante o voo para rastrear a zona afectada. O resultado é un mapa no que se indican as vías de evacuación, os cambios nas infraestruturas e os núcleos de poboación afectadas, permitindo aos equipos de emerxencia elaborar un plan de evacuación eficiente.

Innovatia 8.3.

Innovación+Tecnoloxía/Coñecemento=Mulleres 8 de marzo é un programa nado en 2011 dirixido a fomentar o empresariado feminino no ámbito científico-tecnolóxico e a crear un modelo que elimine a brecha de xénero. Entre unha das súas accións este programa convocou o concurso que, co financiado polo Fondo Social Europeo, hoxe entregou os seus premios e ao que se presentaron 14 iniciativas da primeira categoría e 24 da de startups, con representación total de 21 universidades españolas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)