Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A primeira feira inmobiliaria de España de pisos de nuda propiedade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Será o 25 e 26 de outubro no Palacio de Cibeles de Madrid e ofertará máis 1.000 vivendas de toda España. Está fórmula permite ao propietario (adoita ser unha persoa maior) vender a súa vivenda, seguir vivindo nela ata o seu falecemento, e recibir o diñeiro dunha vez. E o comprador merca a prezo por baixo de mercado.


Segundo o consultor inmobiliario e organizador deste salón Eduardo Molet, as compravendas en nuda propiedade subiron o primeiro semestre do ano un 300%.  A gran vantaxe para o comprador son os prezos e que, cando o usufruto finalice, terá unha propiedade que se revalorizou.

Con este sistema o propietario ten tanto a nuda propiedade como o usufructo vitalicio. Se vende a nuda propiedade pero non o usufructo, mantén o dereito para usar e gozar a casa mentres viva. Así, explica Molet, “o comprador non adquire o pleno dominio da vivenda ata o falecemento do usufructuario, usufructo que se extingue cando este falece. É nese momento cando o comprador adquire o pleno dominio”. O fundador de Rede Expertos Inmobiliarios e do instituto de formación inmobiliaria IFEM, explica que esta forma de vender unha vivenda era unha completa descoñecida ata hai pouco, a pesar de levar moito tempo entre nós. “Trátase dunha opción que non deixa de gañar adeptos”.

Esta tendencia alcista e a súa experiencia neste tipo transaccións de vivendas levaron ao consultor a organizar o primeiro salón especializado entre os días 25 e 26 de outubro no Palacio de Cibeles de Madrid.

Quen vende?

Os perfís dos vendedores son persoas entre 75 e 80 anos que queren continuar vivindo na súa casa para sempre, que non queren vivir cos fillos, tampouco nunha residencia, que teñen unha pensión axustada e o aforro investírono comprando a súa vivenda. Ou ben non teñen herdeiros e queren aumentar os seus ingresos para vivir máis comodamente e gozar do seu tempo libre, ou que teñen fillos e queren asegurar o benestar deles. “Tamén atopamos persoas maiores que necesitan coidados pero que non queren ingresar nunha residencia, e co diñeiro da venda en nuda propiedade poden pagar asistencia a domicilio, sen que os seus fillos, se os teñen, teñan que desembolsar diñeiro”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)