Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Alianza noroccidental



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Os empresarios de Asturias, Galicia, León, Zamora e Salamanca selan a alianza do Noroeste co fin de potenciarse no Corredor Atlántico e reclamar igualdade de trato entre este e o Corredor Mediterráneo.


As federaciones empresariais das catro provincias galegas, de Asturias, León, Zamora e Salamanca asinaron esta mañá en Oviedo o acordo para a constitución desta entidade, que se formaliza tras a recente presentación oficial da Plataforma Atlántico Noroeste (PAN) o pasado 18 de setembro en Xixón e da que forman parte a Federación Asturiana de Espresarios (FADE), a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Federación Leonesa de Empresarios (FELE), a Confederación de Organizacións Zamoranas de Empresarios (CEOE-Cepyme Zamora) e a Confederación de Organizacións Salmantinas (Cofaes). Aínda que de momento foron só as catro confederacións provinciais galegas as que selaron o acordo, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ratificará tamén en breve o seu apoio a esta iniciativa.

Este acordo de intencións contempla como materias esenciais:

  • Os retos e obxectivos enerxéticos, tanto dende o punto de vista da produción enerxética como o consumo industrial.
  • A loxística e as comunicacións, comprendendo as infraestruturas físicas, os servizos loxísticos e de transporte.
  • A defensa da industria.
  • A promoción da actividade económica vinculada ao mundo rural.
  • O envellecemento poboacional, a demografía, a dispersión poboacional e o seu impacto nas persoas, a economía e o financiamento dos territorios.
  • A xestión do patrimonio natural e a súa interacción coa actividade económica e a contorna humana.

A Plataforma Atlántico Noroeste (PAN) que deu orixe a esta alianza naceu coa vocación fundamental de potenciar o noroeste peninsular no Corredor Atlántico e reclamar igualdade de trato entre este e o Corredor Mediterráneo. Pretende centrar o foco de atención sobre unha parte fundamental de España, que supón o 12% do territorio nacional, o 10% da poboación e máis do 9% do PIB, e ademais rexistra o 20% do tráfico de mercadorías por tren en España e case o 14% do que utiliza a estrada.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)