Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pódese baixar a factura eléctrica?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Si pero cun cambio regulatorio, o impulso ás renovables, a redución da dependencia enerxética e máis competencia. Esto tería un impacto real porque a suspensión do imposto do 7% sobre o valor da produción só implica unha redución de 2 euros na factura media do cliente doméstico cunha potencia media-baixa contratada.


O prezo da electricidade veu subindo desde o mes de abril e rexistrou os seus máximos durante o mes de setembro. Ante esta situación, o Goberno decidiu tomar medidas, a máis urxente, a suspensión do imposto sobre o valor da produción de enerxía, pero dende Gana Energía, startup comercializadora independente de electricidade renovable, consideran insuficiente esta medida.

As razóns que dan son tres: “é temporal, suporá unha redución de 2 euros na factura media cunha potencia media-baixa contratada e non se trata dunha suspensión senón dunha redución”. Segundo Antonio Picazo, socio director desta enerxética con sede en Valencia, "está claro que é unha axuda, pero queda moi lonxe do que todos os usuarios necesitamos. Por moito que se fale da transición ecolóxica o sistema eléctrico español necesita uns cambios estruturais que impliquen unha redución real na factura final do consumidor". E suxire estes:

Un cambio normativo e regulatorio. "O primeiro cambio debería vir por non considerar a electricidade un ben de luxo e reducir o imposto sobre o valor engadido do 21% ao 4%. Ademais, deberíase favorecer e posibilitar unha transición enerxética real, transformado un mercado onde uns poucos fixan uns prezos inestables pola pouca competencia de creación que existe, transformándoo nun mercado aberto con múltiples actores e posibilidades", explica Picazo.

Renovables. Contan cun custo de funcionamento baixo, o que significa, que unha vez feita o investimento, poden competir no mercado eléctrico diario con prezos baixos. Canto maior sexa a participación de renovables no pool eléctrico, menor incidencia das enerxías “sucias”, que ademais, son as máis caras.

Redución da dependencia enerxética. En España non hai xacementos de petróleo ou bolsas de gas polo que hai que recorrer a mercados internacionais e coloca á o mercado español nunha posición de debilidade e dependencia que prexudica a estabilidade dos prezos. A fotovoltaica e a eólica axudaría a reducir a dependencia enerxética actual.

Aumento da competencia. Canto maior sexa o número de operadores capaces de producir enerxía a baixo custo, maior capacidade para que os prezos da enerxía tendan á baixa. Se a isto engádenselle medidas que favorezan o autoconsumo mediante, por exemplo, baterías intelixentes, placas solares en residencias, grandes edificios e empresas, os prezos da factura da luz favorecerán ao consumidor.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)