Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A importancia dunha alimentación saudable



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



Gadis colabora coa Fundación para o Estudo da Obesidade Seedo para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de combinar exercicio físico e seguir unha dieta equilibrada a través do programa “Prevención da obesidade. Alixeira a túa vida”.


Cun tráiler que alberga os contidos multimedia, imaxes e textos didácticos adaptados a todos os públicos, monitores especializados serven de guías para os visitantes, cos que se aborda a cuestión dende os tres bloques temáticos en que está dividida a exposición: pautas para seguir unha dieta sa e equilibrada e a práctica de actividade física; claves para lograr un consumo seguro e sostible, e información para diminuír ou evitar o desperdicio alimentario nos fogares.

A ruta da exposición itinerante xa comezou e percorrerá is de 30 localidades de Galicia e Castela e León, ubicándose en zonas céntricas para que a mensaxe que se pretende transmitir acade a un maior número de persoas. En total, son dos meses de ruta saudable por estas dúas comunidades autónomas co obxectivo de sumar novos adeptos a un estilo de vida que permita reducir o índice de obesidade en España que, segundo estudos recentes, se duplicou nas últimas dúas décadas.

A colaboración de Gadis coa Fundación Seedo forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía galega, no que se priorizan as accións relacionadas co fomento do deporte e os hábitos de vida sans e equilibrados. Das máis de 2.100 iniciativas do plan correspondentes a 2017, un 37% pertence a esta modalidade.

Ámbito escolar

O tráiler de alimentación saudable é unha actividade complementaria a outras que a Fundación Seedo e Gadis poñen en marcha de forma conxunta ao longo do ano. Unha das máis destacadas é Alimentes, un programa desenvolvido no ámbito escolar con visitas aos supermercados, onde monitores especializados amosan aos nenos como realizar unha compra responsable e baseada na alimentación equilibrada. is de 8.000 alumnos recibiron formación e información práctica no curso 2017-2018.

A Fundación Seedo está altamente implicada en iniciativas de prevención e tratamento de patoloxías metabólicas. En relación coa obesidade leva a cabo numerosas actividades en toda España, como talleres prácticos dirixidos a persoal sanitario, encontros e reunións da comunidade científica e programas de prevención con actividades diversificadas dirixidas a rapaces e adultos.

Calendario

Verín: Praza Maior, martes 09/10 de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Carballiño: Praza do Emigrante, mércores 10/10 de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Vigo: Zona Praia de Samil (Desafío BootCamp), días 12, 13, 14 de outubro de 10 a 19.00 horas.

A ruta continúa en oito localidades de Castela e León do 19 ao 26 de outubro, e regresa de novo para rematar en Galicia durante o mes de novembro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)