Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinesa celebra as súas bodas de prata en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2018 · (0)



A preestrea da película “La sombra de la ley”, da produtora galega Vaca Films, en Marineda City serviu para conmemorar o aniversario, que coincide ademais cos 60 anos da compañía de exhibición cinematográfica en España.


Á celebración asistiron o director da longametraxe, Dani de la Torre, e algúns dos seus protagonistas como Ernesto Alterio, Paco Tous, Jaime Lorente e Fredi Leis, entre outros, así como máis de 500 convidados, entre os que se atopaba o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que puideron vivir a experiencia dunha proxección nunha sala iSens, que ofrece unha óptima calidade visual a través dun proxector en 4K con 6.000 vatios, imaxes en Full HD acompañadas dun sistema de sonido Dolby Atmos que somerxe ao espectador na película conseguindo unha sensación totalmente envolvente. A isto súmase unha pantalla infinita de parede a parede con asentos máis amplos e cómodos, que se adaptan á columna vertebral.

“Rodearnos de amigos e profesionais do mundo do cine arredor dunha película con tan marcado carácter galego como ‘La sombra de la ley’, paréceme a mellor maneira de celebrar o noso 25 aniversario en Galicia. Ademais, o facemos dun modo moi especial nunha das nosas salas iSens, pensadas para vivir unha experiencia única e completa, como foi esta celebración”, sinalou Tomás Junquera García, responsable de Relacións Institucionais de Cinesa España.

Foi o 17 de decembro de 1993 cando se abría o pano da experiencia cinematográfica Cinesa en Galicia coa inauguración do xa desaparecido Cinesa Área Central, en Santiago de Compostela; un cine con sete salas e un aforo de 1.231 butacas, cuxa carteleira, aquel venres, ofrecía títulos como “Aladín”, “Las locas, locas aventuras de Robin Hood”, “La Tapadera” ou “Mira quien habla ahora”. Actualmente Cinesa conta en Galicia con 20 pantallas repartidas en dous complexos cinematográficos: Cinesa As Cancelas, en Santiago de Compostela, e Cinesa Marineda City, na Coruña, polas que pasan anualmente máis de 670.000 persoas. En Galicia, a exhibidora cinematográfica conta con dúas salas iSens coa tecnoloxía máis punteira para acadar unha calidade visual e auditiva inigualable.

Unha produción galega

Dirixida por Dani de la Torre, “La sombra de la Lei” estrearase o xoves distribuída por 20th Century Fox. Con guion de Patxi Amezcua, a película inspírase en feitos reais e narra unha historia que nos axuda a coñecer, a través de acontecementos pasados, como é o país no que vivimos. É un thriller de suspense cheo de momentos trepidantes que conta tamén unha historia de amor. A película está ambientada nos “felices anos 20”, unha etapa convulsa e revolucionaria na que se fraguaron moitos dos grandes avances do século XX.

Situada na España de 1921 con enfrontamentos entre gánsteres e anarquistas, “La Sombra de la Ley” é unha produción de Vaca Films, Atresmedia Cine e La Ley del Plomo AIE en asociación con Sábado Películas, en coprodución con Playtime Production, coa participación de Atresmedia, Movistar+, Televisión de Galicia, Televisió de Catalunya, Canal +, co apoio de ICAA, ICEC e Programa Media, coa subvención de Agadic, e coa colaboración do Concello de Pontevedra, Concello de Monforte de Lemos, Concello de Lugo e Deputación de Lugo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)